Os vellos non deben de namorarse, por primeira vez en versión para monicreques

DesdeFantoches Baj Os vellos Sermos Galiza:
“Pontevedra e Rianxo acollerán este próximo sábado a estrea en Galiza da que é a primeira versión para títeres da obra teatral Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Trátase da nova produción da compañía de monicreques Fantoches Baj, con cuxa estrea tanto a Deputación Provincial de Pontevedra, como o concello natal de Castelao, Rianxo, iniciarán os actos conmemorativos do Ano Castelao 2016, do centenario da chegada do autor á cidade do Lérez e do 75 aniversario da estrea da que foi a súa única obra teatral.
A estrea da adaptación a marionetas de Os vellos non deben de namorarse presentouse a terza feira 26 de xaneiro no Museo de Pontevedra e os primeiros pases da representación, abertos a todos os públicos, terán lugar o sábado 30 de xaneiro ás 12 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e o mesmo día, sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio de Rianxo. En ambos lugares da estrea a función será de balde. En Pontevedra as entradas convite poden retirarse xa calquera destes días pasando polo propio Sexto Edificio do Museo; e en Rianxo, as entradas convite poden retirarse desde unha hora antes do comezo da función, no propio Auditorio municipal.
Os vellos non deben de namorarse de Fantoches Baj está dirixida por Inacio Vilariño. Para deseñar os bonecos -tarefas da que se encargou o propio Inacio e o artesán e artista Luis Javier Iglesias Rodríguez “Luchi”- a compañía inspirouse no método de elaboración de máscaras do propio Castelao. A partir desta semana, a obra estará en distribución co obxectivo de chegar ao público de todos os concellos de Galiza.”

Pontevedra: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, dentro do ciclo En paralelo: Noites de literatura e cine, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.

Xornadas Castelao. De onte a hoxe, os 16, 21 e 30 de outubro

Xornadas-Castelao

Descobren un fragmento da versión galega das Partidas de Afonso X

“O arquivo do Museo de Pontevedra albergaba, sen o saber, o fragmento dunha versión en galego do texto das Partidas de Afonso X O Sabio. O pergameo, que se data no século XVIII fora utilizado como cuberta para o Libro del Ayuntamiento de Pontevedra de 1573-1575 e a súa descuberta facíase pública no web do Museo a pasada semana. O texto correspóndese coa Quinta Partida, un apartado deste texto xurídico que se refire ós contratos entre persoas, e está escrito a dobre columna, en escritura gótica textual con tres cores de tinta. Segundo sinala o Museo está pendente de verificar se o texto se corresponde con outro fragmento que se conserva no Arquivo do Reino de Galicia.” Desde Cultura Galega.