Arquivos da etiqueta: Patricia Torrado Queiruga
Bolboretario do confinamento, poemario ilustrado de Patricia Torrado
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Unha nai e un fillo pintando xuntos durante o confinamento. Acuarelas das que emerxen bolboretas que sobrevoan obxectos da vida cotiá. Son debuxos que comezaron a espallarse con éxito polas redes sociais e que agora se recompilan nun libro, abrazando poemas. Así é o Bolboretario do confinamento, da escritora e ilustradora sonense Patricia Torrado Queiruga. A entrevista pode verse aquí.”
Roteiro pola vila de Porto do Son. Da metáfora ao oxímoro, con Patricia Torrado Queiruga, o 17 de decembro
O Roteiro pola vila de Porto do Son. Da metáfora ao oxímoro, guiado por Patricia Torrado Queiruga, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Porto do Son.
Con esta actividade a AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre na propia páxina web da AELG.
O roteiro terá lugar o sábado 17 de decembro, a partir das 11:00 horas, tendo como punto de saída o peirao de Porto do Son, baixo a estacada. Será gratuíto para todas as persoas interesadas, ás que animamos a inscribirse previamente enviando un correo electrónico co seu nome e apelidos a oficina@aelg.org, dado que as prazas son limitadas.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Boiro: contacontos a partir de Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga
Porto do Son: presentación de Atlántico Norte, chamádeme Ismael, de Xosé Iglesias
Vilagarcía de Arousa: Semana de Muller e cultura, do 7 ao 14 de outubro
Porto do Son: presentación de Bolboretario do confinamento, de Patricia Torrado
Vilagarcía de Arousa: presentación de Edénicas, de Andrea Fernández Maneiro
Noia: presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo I. A relevancia do reino galego medieval, de Francisco Rodríguez
Obras gañadoras do IV Certame de microrrelatos Día do Libro 2022


Na tarde do xoves 26 de maio de 2022 fallouse o IV Certame de Microrrelatos Día do Libro 2022, que convoca o Concello de Vilalba, en colaboración con Culturalia GZ. O xurado estivo formado por Ánxela Gracián, Mercedes Queixas Zas e Armando Requeixo, acompañados por Antía Rama Rivas, concelleira de Educación, Infancia e Mocidade do Concello de Vilalba (en ausencia da concelleira de Cultura, Comunicación e Igualdade, Vanesa Siso Calvo) como presidenta do xurado, e Sonia García, técnico de Cultura de dito concello, actuando de secretaria, e Martiño Maseda, en representación de Culturalia GZ. Estes tres últimos con voz pero sen voto.
Ademais da alta participación, dado que se presentaron un total de 78 microrrelatos, o xurado destacou a boa calidade, en xeral, das obras presentadas.







