Entrevista a Pedro Feijóo en Coruña Daily News:
“(…) – Coruña Daily News (CDN): Rosalía e Murguía encaixaban na Coruña que viviron?
– Pedro Feijóo (PF): Eu sempre tería apostado ao “non”. Pero non polo feito de estaren na Coruña ou en calquera outro lugar. O matrimonio formado por aquela estraña parella era avanzado de máis, mesmo para os nosos días. Agora ben, con todo, o certo é que souberon facer da cidade a paisaxe perfecta para o seu proxecto. Moi especialmente Murguía…
– CDN: Onde latexa o ritmo literario da Coruña?
– PF: A ver, estamos falando dunha cidade atlántica, aberta ao mundo, ao tempo urbana e rural, fundada sobre un mito, fogar dun deus celta e da súa descendencia, cunha historia salferida de xestas épicas e coas súas propias heroínas… Home, eu creo que aquí o difícil é localizar onde non latexa ese ritmo, non?
– CDN: Se tivese que escoller un escenario coruñés para unha novela, por cal se decantaría?
– PF: Moi probablemente, e sen ter que pensalo demasiado, nese espazo onde a cidade moderna, a das altísimas torres, casas das ciencias e escolas de arquitectura, se atopa coa súa propia historia. No encontro de Álvaro de Siza con María Pita, nun segredo agochado por Parlier na tumba do xeneral Moore, nas tebras do cemiterio de San Amaro, nun amor roubado durante un concerto dos Diplomáticos, na praia do Orzán, cun poeta romántico afogándose nas ondas do mar bravo, con Murguía sepultando os segredos de Rosalía (ai, non, que esa xa a fixen…). Vamos, home, só un? Imposible… (…)”
Arquivos da etiqueta: Pedro Feijoo
Taboleiro do libro galego XXXVII (outubro 2015), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nova entrega do Taboleiro do libro galego que, nesta ocasión, se articula mercé á colaboración das seguintes once librarías: Libros para Soñar, Andel, Casa do Libro e Cartabón de Vigo; O Pontillón de Moaña, Miranda de Bueu, Biblos de Betanzos, Trama de Lugo, Sisargas e Suévia da Coruña, Pedreira de Compostela e, finalmente, Cronopios de Pontevedra, a quen lle damos a benvida.
NARRATIVA
1º-. Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, Xerais.
2º-. A praia dos afogados, de Domingo Villar, Galaxia.
3º-. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Xerais.
4º-. Xeixos, de Suso Lista, Embora.
5º-. Interferencias, de Manuel Seixas, Xerais.
6º-. De remate, de Héctor Cajaraville, Xerais.
7º-. Por que as sombras non teñen ollos, de Luís Manuel García Mañá, Xerais.
8º-. Ostrácia, de Teresa Moure, Através.
9º-. seique, de Susana Sánchez Arins, Através.
10º-. A morte en Venecia, de Thomas Mann (tradución de Laureano Xoaquín Araújo Cardalda), Rinoceronte.
POESÍA
1º–. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
2º-. A boca da terra, de Manuel Rivas, Xerais.
3º-. Bazar de traidores, de Elías Portela, PEN Club.
4º-. Unha viaxe de ruminantes, de Baia Fernández de la Torre, autoedición.
5º-. Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
ENSAIO-TEATRO
1º-. As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, Galaxia.
2º-. Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, autoedición.
3º-. A utilidade do inútil, de Nuccio Ordine, tradución de Carlos Acevedo, Faktoría K.
4º-. Indecencias e corruptelas, de Manuel Monge, Corsárias.
5º-. Lembranzas do meu vivir II, de Ramón Otero Pedrayo, Galaxia.
6º-. Poesía hexágono, Apiario.
XUVENIL
1º-. Como unha áncora, de Iria Collazo, Galaxia.
2º-. Dragal IV, de Elena Gallego, Xerais.
3º-. Non hai luz sen escuridade, de Andrea Barreira, Urco.
4º-. O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda, Galaxia.
5º-. Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, Xerais.
6º-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
7º-. Ons, de Carlos Meixide, autoedición.
8º-. Bicha, de Eli Ríos, Deputación de Ourense.
INFANTIL
1º-. Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas – Víctor Ribas, Xerais.
2º-. O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
3º-. O meu pesadelo favorito, de María Solar, Galaxia.
4º-. Once damas atrevidas, de Oli e H. Thomassen, Kalandraka.
5º-. O monstro de cores, de Anna Llenas, Flamboyant.
LIBROS CD-DVD
1º-. Alegría!, Sérgio Tannus – Luís Barbolla (ilustracións), Galaxia.
2º-. Un conto ao revés, Chuches Amil, Galaxia.
3º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Galaxia.
4º-. Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas, Galaxia.
5º-. Traca-Traco, de Paco Rivas e Alfonso Otero Regal, Edicións do Cumio.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero V, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. O papiro do César, de René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), Xerais.
3º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Paseos pola Coruña Literaria 2015, con Pedro Feijoo e Felipe Senén
Paseos pola Coruña literaria é
unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña, na que terán lugar novos paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña.
INSCRICIÓN: a partir do 5 de outubro (até esgotárense as prazas), na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981-189888. Prazas por paseo: 55 / A actividade está dirixida a maiores de 16 anos. Sigue lendo
A Coruña: sinatura de libros de Pedro Feijoo
Pontevedra: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
O xoves 29 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Cronopios (Frei Juan Navarrete, 5) de Pontevedra, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. A xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, entrevistará, nun acto aberto ao público, ao escritor
Bueu: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
Entrevistas sobre Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijóo
Desde o Galicia por Diante, da Radio Galega:
“O escritor vigués preséntanos o seu novo libro, Morena, perigosa e románica. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
E entrevista en Tempo de Lecer.
Sanxenxo: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
O venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Nós (Rúa Madrid, 20) de Sanxenxo, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Gondomar: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
O xoves 22 de outubro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Luís Domínguez Sanjuán e Manuel Bragado.
Ourense: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
O martes 20 de outubro, ás 19:30 horas, no Espacio Lector Nobel (Rúa da Concordia, 8) de Ourense, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.