Entrevista de Samuel Pernas a Pilar García Rego en Faro de Vigo:
(…) – Faro de Vigo (FV): Desaparecer é un título moi suxestivo. A que fai referencia esta desaparición?
– Pilar García Rego (PGR): O libro fala da desaparición como un proceso de crise vital. Chega un momento no que o corpo e a mente piden desaparecer, pero tamén é un proceso de loita e de recuperación. Se un se fixa, o título ten dúas intensidades diferentes. Fala dunha caída, pero tamén dunha reaparición. Non é un libro de autoaxuda, pero si fala dese proceso de superación.
– FV: Como naceu este proxecto? Foi traballado ao longo dos anos ou escribiuno nun período concreto?
– PGR: Escribino cando xa estaba saíndo dunha depresión. Durante esa etapa quería escribir, pero non era capaz. No libro aparecen fragmentos marcados como «audios», que eran notas de voz que gravaba no móbil e que logo borrei porque eran moi duras. A obra ten unha estrutura de diario porque está baseada nesas notas, nun intento de recuperar a miña propia voz.
– FV: Ademais de este chamado proceso de recuperación, que outros temas aborda?
– PGR: Cando pasas por unha crise así, inevitablemente reflexionas sobre moitas cousas: o sentido da vida, a morte, a identidade, a dor. O libro está dedicado á miña nai e ás persoas que a rodeaban. Pero tamén é unha homenaxe a todas esas mulleres que, ao longo da historia, tiveron que ocultar a súa dor e a súa culpa, porque non o puideron expresar, pero que estaba aí. Creo que a culpa é un sentimento moi feminino, moi ligado ao papel que tradicionalmente tiveron as mulleres ao longo da historia. (…)”
Arquivos da etiqueta: Pilar García Rego
Pura Tejelo: “Vestidos de organdí é a recuperación da dignidade”
Entrevista de Pilar García Rego a Pura Tejelo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Hai tempo que non sei en que cidade estou,
unha campa deserta semiurbana.
Unha xornada de traballo
convertida nun espectáculo fantasma.
Son estes versos de ‘Fotografía nocturna’ un dos poemas que compoñen o último poemario de Pura Tejelo, Vestidos de organdí. Hoxe falamos con ela deste libro editado por Belagua. A entrevista pode verse aquí.”
A Estrada: presentación de Desaparecer, de Pilar García Rego
Fran Fernández Davila: “Nos Azores España estivo en guerra durante un día, e perdeu”
Entrevista de Pilar G. Rego a Fran Fernández Davila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Con Groenlandia, a súa quinta novela, o autor gañou a 17ª edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
A novela, ambientada nos Azores, combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras.
“Disque Groenlandia é a illa máis grande do mundo. Que todo está por desconxelar. E que ninguén sabe que atoparán alí cando o xeo marche. Que marchará seguro”.
A entrevista pode verse aquí.”
Patricia Torrado Queiruga: “As mulleres sempre seremos campo de batalla”
Entrevista de Pilar G. Rego a Patricia Torrado Queiruga no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”A vella loba
cando perdeu
os dentes e as forzas
cando a pelaxe se lle volveu doméstica
aprendeu a roer coas enxivas
as pedras do silencio”
Son versos de Ouveos fractais, o último poemario de Patricia Torrado Queiruga. Un libro en que ouveamos todas, tamén as sen voz, as silenciadas. Escribe Patricia neste libro: “O día que aprendín a ser libre, non tiven que ensaiar o ouveo”. Con todo, na vida, na historia e, por desgraza, quizais, no futuro, seguiranse escoitando Ouveos fractais.
A entrevista pode verse aquí.”
Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 29 de novembro
Compostela: presentación de Desaparecer, de Pilar García Rego
Antón Dobao: “Nestes relatos quixen cuestionar os límites do que parece real”
Entrevista de Pilar García Rego a Antón Dobao no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”O Universo é un envurullo de papel que deus esmagou dentro da man. Hai quen di que apenas unha pantalla de ordenador”. Isto é un anaquiño dun dos contos de O tigre na boca do lagarto, o último libro de Antón Dobao. É un monllo de relatos, de contos narrados desde o interior da boca do lagarto. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario, entre o carnal e o metaverso, entre a ciencia ficción e o real. A entrevista pode verse aquí.”
Lugo: Versos na barraca 2024
Teresa Seara: “Manuel Álvarez Torneiro buscaba sempre a palabra precisa na poesía”
Entrevista de Pilar García Rego a Teresa Seara na Televisión de Galicia:
“En A vixilia do bosque, territorio de soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible. Neste novo poemario, que se acompaña ademais cun exposición con colaxes do propio Manuel Álvarez Torneiro, a editora Teresa Seara introdúcenos nos seus versos que sempre eran vida, “na torre do desvelo o poeta asexaba”. A entrevista pode verse aquí.“









