Entrevista a Yolanda Castaño sobre o Premio Nacional da Poesía 2023

Entrevista a Yolanda Castaño no Diario Cultural da Radio Galega:
“O poemario Materia, publicado por Edicións Xerais en 2023, é o cuarto Premio Nacional para a poesía galega, despois dos recibidos por Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés e Olga Novo. O xurado destacou a “extraordinaria forza evocativa e sensorial” do libro e a súa exploración non compracente de temas como a familia e a maternidade. Conversamos coa poeta, que recibiu a noticia da concesión do premio desde o estado mexicano de Chiapas, onde participa nun festival de poesía. A entrevista pode escoitarse aquí.”

“Celebramos o Día das Escritoras coas Comadres das Letras”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“No Día das Escritoras falamos da escrita como ferramenta de expresión, comunicación, sororidade e autocoidado. Conversamos coa matrona Marta Conde e a docente Eva Teixeiro, que forman parte do colectivo ‘Comadres das Letras’, un grupo de mulleres que escriben, que xa publicou o volume Contármonos. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras sobre Onde ferve a memoria

Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras no Diario Cultural da Radio Galega:
“Morcegos e anguías protagonizan o novo libro de poemas de Xavier Rodríguez Baixeras, Onde ferve a memoria. “O libro ten un carácter alegórico. Son símbolo de marxinación, escuridade, pavor e morte” . A entrevista pode escoitarse aquí.”

Xabier López publica Cocaína, historias da posguerra en formato breve

Entrevista a Xabier López no Diario Cultural da Radio Galega:
“A editorial Menino Morreu publica a última achega narrativa de Xabier López, desta vez en formato breve. Cocaína lévanos á Asturias da posguerra a través de historias sobre un futbolista de terceira división, un guerrilleiro cunha misión insólita ou un médico autodestrutivo. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Murguía. Un século despois, entrevista con Henrique Rabuñal

Entrevista a Henrique Rabuñal no Diario Cultural da Radio Galega:
“Henrique Rabuñal percorre neste libro publicado por Laiovento a biografía cultura, intelectual e ideolóxica de Manuel Murguía, un século despois do seu pasamento. Murguía foi unha figura clave na construción cultural e política de Galicia na segunda metade do século XIX e primeiro presidente da Real Academia Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Lugo Philadelphia, poemas e fotografías na procura dos Stones

Entrevista a Lois Pérez e Alba Díaz no Diario Cultural da Radio Galega:
“O poeta Lois Pérez e a fotógrafa Alba Díaz preséntannos Lugo Philadelphia, a crónica poética e en imaxes dunha viaxe aos Estados Unidos na procura dos Rolling Stones, con Lugo e A Terra Chá sempre presentes. Publícaa Edicións Xerais. A entrevista pode escoitarse aquí.”