“Pegerto Saavedra Fernández
(A Fonsagrada, 1951), catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, será o novo membro da Real Academia Galega. A entidade tomou esta decisión no plenario desenvolvido o venres 30 de setembro, no que decidiron que sexa este historiador o que ocupe a vacante deixada por Francisco Xavier Río Barja. Nesa mesma xuntanza, o plenario tamén acordou facer oficial as propostas de Giulia Lanciani como Académica de Honra, e de Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas González, Gonzalo Navaza Blanco e Antón Palacio Sánchez como Académicos Correspondentes.” Vía Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Real Academia Galega
Un libro inédito de Gonzalo López Abente chegará ás librerías o próximo mes
“A
Fundación López Abente e a editorial Alvarellos porán nas librerías Bretemada, un poemario inédito do escritor muxián Gonzalo López Abente. Trátase dunha obra escrita en 1922 e que, por causas que se descoñecen, o autor non chegou a editar en vida. O manuscrito gardábase na Real Academia Galega, que permitiu o acceso ao documento para a realización dunha edición a cargo de Miro Villar e cun prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da RAG. A obra será presentada en Muxía a mediados do mes próximo. En outubro chegará tamén ás librerías. Ademais, antes de que finalice o ano, sairá á luz a reedición de seis novelas curtas do mesmo autor, impulsada tamén pola fundación que leva o seu nome. Baixo o título A narrativa mariña de López Abente, agrúpanse seis relatos que, cun estudo introdutorio de Suso Sambade, porá nas librerías a editorial Xerais recuperando obras hoxe descatalogadas.” Vía La Voz de Galicia.
Vídeo do acto de homenaxe a Lois organizado pola Real Academia Galega en Monforte o 17 de maio
Vídeo do “Acto conmemorativo organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro”, do pasado 17 de maio de 2011, realizado por Blogaliza.tv:
A Xunta impulsa a finalización do novo dicionario da Real Academia Galega
“A
Consellaría de Educación e a Real Academia Galega (RAG) asinaron onte un convenio de colaboración para avanzar na investigación do galego. Este novo acordo entre ambas institucións abordará tres vertentes do galego: a terminolóxica, a lexicográfica e a sociolingüistica. Trala sinatura, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, reiterou o “compromiso” da Xunta no avance das investigacións en torno ao galego. Pola súa banda, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, agradeceu o “entendemento” coa Xunta aínda que pediu máis fondos para a Academia. Un dos traballos máis importantes que se levará a cabo a partir deste acordo é a investigación terminolóxica. O novo proxecto do Termigal, que xa traballa neste aspecto, suporá o “avance nos traballos terminolóxicos da RAG”. O Termigal, servizo de terminoloxía científico-técnica en lingua galega, verá aumentado o seu ámbito de traballo durante o próximo ano. Ademais da atención ás consultas terminolóxicas, o Termigal encargarase de recoller e preparar a terminoloxía galega de botánica. Tamén elaborará a parte galega do dicionario de terminoloxía económica do Vocabulaire Panlatin du Marketing Économique da Rede Realtier. Os traballos relativos o ámbito lexicográfico centraranse na finalización da nova edición do dicionario da RAG no que se comezou a traballar no ano 2001. E a actualización do versión bilingüe –castelán-galego– do dicionario. Este convenio afondará na situación actual do galego na sociedade. Trátase dunha investigación sociolingüística sobre o galego na actualidade, a súa evolución e os cambios que sufriu o idioma o longo da historia. Dentro deste convenio recóllese tamén o fomento de proxectos para levar o galego ao estranxeiro. É o caso do XXIV Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia que se desenvolve durante este mes na USC e no que participan 90 estudantes de vinte países. (…)” Vía Xornal. Tamén en Cultura Galega.
“Xosé Luís Méndez Ferrín reclama que a Real Academia Galega se equipare ás outras academias”
‘”De
todas maneiras -continuou Xosé Luís Méndez Ferrín– a diferenza entre o que percibe a Academia Galega e o que perciben a vasca e o Instituto de Estudios Cataláns, e xa non digamos a Academia Española, segue sendo enorme e ten que ser acurtada esa diferenza; iso é o que sostemos publicamente e que o mellor pedimos ao delegado”. Pero non foi preciso nin facer a petición formal porque chegou a inmediata resposta de Cortizo: “Nesa batalla imos estar xuntos. Vou defender o que el ten dito [dixo, indicando a Ferrín], non me atrevería a outra cousa [bromeou]”‘. Vía La Voz de Galicia.
A Coruña: Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario dos Xogos Florais de 1861
O
sábado 2 de xullo, na Fachada do Teatro Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
– 13:00 h. Abre o acto un baile de Nova Galega de Danza.
– 13:05 h. Saúdo e presentación do acto polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos Agrelo.
– 13:10 h. Lectura dalgúns poemas galegos do Álbum de la Caridad, publicado un ano despois dos Xogos Florais de 1861. Coa intervención de: Consuelo Bautista, xornalista de Radio Coruña; Manuel Gallego, arquitecto; Begoña Varela Bárcena, libreira de Nova Colón; Gonzalo de la Huerga, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia; Marisol López Facal, médica; Xosé María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Luísa Merelas, actriz; Roberto Pérez Vila, presidente do comité de empresa de Zara Loxística; Laura Gayoso, sumiller e restauradora; Ánxel Vázquez de la Cruz, médico; e Charo Soto Arias, vicedirectora do IES Eusebio da Guarda.
– 13:25 h. A presidenta da Asociación de Compositores de Galicia Margarita Viso Soto interpreta ao piano a muiñeira de Canuto Berea, peza que se escoitou nos Xogos Florais de 1861.
– 13:30 h. Discurso do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
– 13:40 h. Desde a Serra de Outes, terra natal do poeta Francisco Añón, galardoado nestes Xogos Florais, traen unha ofrenda vexetal para os promotores e organizadores dos Xogos. O secretario da Asociación cívico-cultural Terra de Outes, Ramón Blanco, fai entrega dun carballo ao presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e dun loureiro á descendente dos irmáns de la Iglesia, María Rosa Saurín de la Iglesia.
– 13:45 h. Pecha o acto a Banda Municipal de Outes coa interpretación do Himno galego.
Xosé Neira Vilas doa á Real Academia Galega 304 documentos epistolares
“O
escritor e académico Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928) entregoulle onte á Real Academia Galega, 304 cartas orixinais, algunhas manuscritas, outras mecanografiadas, que lle remitiron máis de 30 galeguistas desde 1956. Fíxoo onte nun sinxelo acto ante o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o secretario, Xosé Luís Axeitos. Entre as persoas coas que mantivo correspondencia, e que se reflicte na documentación entregada, figuran Xosé María Álvarez Blázquez, Avilés de Taramancos, Eduardo Blanco Amor, Xesús Canabal, Ricardo Carvalho Calero, Manuel Colmeiro, Carmen e Rafael Dieste, Salvador Espriu, Celestino Fernández de la Vega, Ben-Cho-Shey, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas, Domingo García Sabell, Nicolás Guillén, Manuel María, Sebastián Martínez Risco, Xoán Naya, Xosé Núñez Búa, Laxeiro, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Xaime Quesada, Manuel Rey Ponte, Maruxa e Luís Seoane, Agostinho da Silva, Luis Soto, Luis Tobío, Carlos Velo ou Mariví e Ramón de Valenzuela.” Vía Galicia Hoxe.
Indignadas contra a Real Academia Galega
‘Outro
dos rostros visibles do manifesto pola entrada das mulleres na Real Academia Galega, a poeta Yolanda Castaño, considera “unha mágoa” que a RAG “non aproveite este momento para tratar de reflectir un pouco mellor a realidade da sociedade no seu seo”. Para ela, unha vez que non se conseguiu o obxectivo, pode que a solución “estea na ampliación do número de cadeiras, ao estilo da Real Academia Española, pois as actuais son escasas”.
Por último, a profesora María Xesús Nogueira, tamén asinante d’O xogo das cadeiras, pensa que “non se trata dunha persoa, senón dun problema estrutural da Real Academia”, e considera que dende a RAG “se fan oídos xordos” ao sentir da sociedade galega.’ Desde (Xornal). Tamén neste medio aparece un artigo de Helena González.
Non é cousa de mulleres
Valentín Paz Andrade será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012 e Xosé Fernández Ferreiro entra na RAG
Valentín Paz Andrade foi
elixido
polo Plenario da Real Academia Galega como o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2012. Na mesma sesión acordou nomear académico electo a Xosé Fernández Ferreiro, para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Francisco Fernández del Riego. A nova tamén ven recollida en: Xornal, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, El País, Galiciaé, Cultura Galega, Galaxia, Portal Galego da Língua.