
Arquivos da etiqueta: Sara Plaza Moreno
Lugo: presentación de calixe, de Sara Plaza e Baldo Ramos, e o patio, de Marga Crespo e Eduardo Estévez
Presentación de calixe, de Sara Plaza e Baldo Ramos, e o patio, de Marga Crespo e Eduardo Estévez, en Compostela
Presentación de calixe, de Sara Plaza e Baldo Ramos, e o patio, de Marga Crespo e Eduardo Estévez, en Lugo
Carral: entrega do premio de poesía Concello de Carral a Baldo Ramos e Sara Plaza e presentación de Especies invasoras, de Branca Trigo
Entrega do premio de poesía Concello de Carral a Baldo Ramos e Sara Plaza e presentación de Especies invasoras, de Branca Trigo, en Carral
Baldo Ramos e Sara Plaza gañan o 29º Premio de poesía Concello de Carral coa obra “Porcelana e chumbo”
Desde o Concello de Carral:
“O poemario escrito conxuntamente por Sara Plaza e Baldo Ramos vén de ser elixido como a obra gañadora do 29º Premio de Poesía Concello de Carral. É a primeira ocasión no que o certame premia unha autoría dobre.
O premio está dotado con 3.500 € e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior.
Dun total de 77 obras presentadas ao concurso, o xurado, por unanimidade, decidiu premiar Porcelana e chumbo pola súa voz elexíaca, grave e meditativa. Pon en valor que a escrita aparece como unha forma de acompañar a perda, a cegueira e a memoria moi presentes en todo o traballo. Destaca tamén a madurez expresiva, a densidade poética, as imaxes innovadoras que afondan nos grandes temas universais: a soidade, o paso do tempo e o valor do íntimo. Ademais o xurado quere salientar a orixinalidade que supón crear un poemario a dúas voces.
O xurado estivo constituído pola concelleira de Cultura, Isabel López, que exerceu de presidenta, as poetas Branca Trigo, Miriam Ferradáns e Modesto Fraga, e o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo, como secretario con voz e sen voto. (…)
O acto de entrega do premio, así como a presentación da obra gañadora na pasada edición, Especies invasoras, de Branca Trigo, terá lugar o venres 5 de xuño na Casa da Cultura.”
Salvaterra: 35 Festival da Poesia no Condado
Padrón, Compostela e Lugo: Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües 2023
Toda a información aquí.












