Desde o Concello de Carral:
“A forza da voz poética manifesta a súa furia a través do ritmo e da limpeza das imaxes”. Esta foi unha das razóns polas que a viguesa Silvia Penas Estévez (Vigo, 1980) se fixo co 27º Premio de Poesía do Concello de Carral. Coa súa obra A pel do exilio, a autora conquistou ao xurado de xeito unánime.
O poemario de Penas Estévez foi escollido entre un total de 94 obras presentadas, o cal supón un novo récord para este certame, que medra ano tras ano en cifras de participación. De entre todos os traballos, o xurado elixiu o da viguesa salientando o seu ritmo e a súa “vocación de mediar co mundo, traspasando o texto na procura da reflexión metapoética e identitaria”.
O xurado estivo composto polo presidente; o alcalde Javier Gestal Pose, por Inma Otero, Tamara Andrés, Ciro Briones, e actuando como secretario, con voz e sen voto, o técnico de Cultura, Carlos Lorenzo.
O premio, que conta coa colaboración anual da Xunta de Galicia, está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
A entrega do premio Concello de Carral está prevista para o venres, 31 de maio, na Casa da Cultura e servirá, así mesmo, para presentar o libro Oídos de espeleóloga, co que Ciro Briones gañou a 26ª edición do certame. (…)”
Arquivos da etiqueta: Silvia Penas
Pontevedra: Semana da Creatividade 2024. Xornadas Pensamento e creación
O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as poesías galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2023
O Porriño: recital-presentación de Samuel Merino e Silvia Penas, o 12 de abril
Ourense: “Man a man”, con Samuel Merino e Silvia Penas, o 5 de abril
Vigo: maratón lírico “Verbas que alumean”
Silvia Penas: “Poeta en alta voz”
Pontevedra: Vermú entre libros con Silvia Penas, arredor de Retratos de vodas, partos e funerais
Silvia Penas: “Aos poemas sempre lles falta contexto, temos que imaxinalo nós”
Entrevista a Silvia Penas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Silvia Penas fixo da poesía imaxe, movemento, sons, música e por suposto palabra. Unha poeta que sorprendeu entre as pioneiras galegas en fusionar a poesía coa escena, co audiovisual ou coa música. Poesía oral que tamén se escribe, ou poesía escrita que se fai oralidade. Silvia ten novo poemario que podemos ler e reler, Retratos de vodas, partos e funerais, publicado pola editorial Galaxia. A entrevista pode verse aquí.”