Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros para o venres 23

O venres 23 de xuño comeza a Festa dos Libros, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:

18:00 h. Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas, publicado en Galaxia. Participa xunto á autora Francisco Castro. No Auditorio.
18:30 h. María Solar asina exemplares de Os nenos da varíola, publicado por Galaxia, e As horas roubadas, publicado por Xerais, en Cronopios.
18:45 h. Xornalismo-literatura. Tensión sexual non resolta, por Xosé Manuel Pereiro, codirector da revista Luzes. No Auditorio.
19:00 h. Presentación de Inferno (Discursiva), de Daniel Peón Targus, e Atrofiadas as estrelas, de Alexander Vórtice, da mesma editora. En La Nube de Papel.
19:15 h. Mesa da memoria con Montse Fajardo: Un cesto de mazás; Luís Bará: Non des a esquecemento; e Susana Sánchez Arins: seique. No Auditorio.
20:00 h. Buenaventura Aparicio presenta Segredos ao descuberto. Paz.
20:30 h. Migallas: Canta connosco, na Espazo do Lector Nobel.
21:00 h. Pedro Feijoo presenta Os fillos do lume en conversa con Susana Pedreira, nun acto organizado por Cronopios, no Auditorio. O libro está publicado por Xerais.

Pontevedra: presentación de Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala

O Manuel Núñez Singala AELGluns 9 de maio, ás 18:00 horas, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado polo Concello, preséntase Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia, nun acto en que o autor estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero.

Compostela: conversa con Manuel Rivas arredor de O último día de Terranova

O Manuel Rivasvenres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24) de Santiago de Compostela, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova, publicada por Xerais.

Pontevedra: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo

OPedro Feijoo xoves 29 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Cronopios (Frei Juan Navarrete, 5) de Pontevedra, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. A xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, entrevistará, nun acto aberto ao público,  ao escritor

Pontevedra: actividades do mércores 15 na Feira do Libro

OFeira do Libro de Pontevedra 2015 mércores 15 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:

18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz arredor dos libros de Nova Galicia.
18:45 h. Lectura pública de libros de Fina Casalderrey e sinatura de libros.
20:00 h. Manuel Portas presenta o seu libro Amor en alpargatas, publicado por Edicións Xerais. Acompáñano Susana Pedreira e Manuel Bragado.

Suso de Toro conversa con Susana Pedreira arredor de Somnámbulos

DesdeSuso de Toro Brétemas, de Manuel Bragado:
“Apaixonante resultou seguir a conversa que Suso de Toro mantivo coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira na libraría Cronopios de Pontevedra arredor de Somnámbulos. Comezou Suso louvando o estado actual da cidade de Pontevedra e explicando a orixe da publicación deste novo libro de relatos.
«Cando decidín pechar todo e regresar ao ensino, quedou aberta unha carpeta cunha obra teatral comezada. Quizais porque dentro miña operou un malestar sobre a situación política da Transición, recuperei quen era eu naquel momento, un mozo antifascista, disposto a todo, nuns anos de radicalidade cando o réxime tamén o estaba. Non esquezamos que mataron a aqueles cinco rapaces. Foron anos terribles, nos que a policía ametralou aos traballadores de Ferrol. Anos nos que se vivía unha tensión moi forte. Todo aquilo quedou sepultado, negado, mesmo coa denominación de “dictablanda”, coa intención de negar até o propio franquismo. Eu sentínme sepultado, o meu verdadeiro eu sentíase negado e desprezado. Desa pulsión e coa intención de expresala naceu “Negocios de familia” o primeiro relato do libro.» Lembrou despois aqueles días arredor do 27 de setembro de 1975, «foron días moi duros os que viviron cando fusilaron a aqueles rapaces, algúns non participaran en delitos de sangue, interviu o papa Paulo VI, houbo protestas en toda Europa, non se precisaba estar en contra do réxime para denunciar aquilo.»
Interpelado por Susana Pedreira sobre a abordaxe do tema da culpa en «Negocios de familia», Suso de Toro afirmou que «un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes.» «Dentro do monstro sempre hai un meniño, hai que ir a esa fonte primeira, onde o poder absolver. Así o fixen nun libro terríbel, Home sen nome, e tamén aquí. Neste relato non enxuízo aos personaxes, mais non considero que todos fosen iguais, os do réxime e os que loitabamos contra el.»
Falando do segundo relato, «Auga derramada«, Suso de Toro reflexionou sobre a dignidade dos humildes e maiores e sobre a importancia dos lazos familiares. «A vellez como momento da rememoración da vida é un momento moi lírico. O que vai entre a infancia e a vellez é unha impostura. A vellez é unha época de grande valor vital.»
Remataron a conversa Susana Pedreira e Suso de Toro falando de «Insomne», o relato que pecha o libro, nacido do que o autor denominou «un tropezo con Manuel Fraga». «Hoxe os que teñen auténtico poder protéxense tras un muro de pástico. É moi complicado enfrontarse a eles.»”

Pontevedra: programa de actividades do Culturgal 2014

PROGRAMA-CULTURGAL-2014