Arquivos da etiqueta: Víctor F. Freixanes
Santiago: actividades destacadas do sábado 3 e domingo 4 de maio na Feira do Libro
O
fin de semana do 3 e 4 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago (no Parque da Alameda), con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 3 de maio
– 20:00 h. Mesa redonda sobre Xosé María Díaz Castro, organizado pola Editorial Galaxia, coa participación de Luís González Tosar, Armando Requeixo e Víctor Freixanes.
Domingo 4 de maio
– 20:00 h. Unha nova viaxe por Landereina, acto convocado pola Editorial Galaxia, coa intervención de Sabela González e Francisco Castro.
Esgueva, O Carballiño: celebración do Día da Poesía
O
luns 24 de marzo, ás 11:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño), celébrase o Día da Poesía, nun acto coorganizado pola Fundación Insua dos Poetas e o Centro PEN de Galicia, e patrocinado pola Consellería de Cultura, Consellería de Medio Rural e Mar e a Deputación de Ourense. O programa é o seguinte:
– Un alumno/a de cada un dos centros escolares presentes lerá un poema de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.
– Intervirán: Víctor F. Freixanes, Luís González Tosar, Xesús Alonso Montero, Tomás Fernández Couto, Xesús Vázquez Abad e Manuel Baltar.
– Entrega de lotes de libros aos profesores dos centros de ensino presentes.
– Ofrenda floral no monumento Nimbos de luz.
– Plantación de árbores a cargo dos alumnos, profesores, escritores, xornalistas e autoridades.
Vigo: presentación de O sexo masculino dos anxos, de Manuel Janeiro
O
xoves 20 de marzo, ás 20:15 horas, en La fiesta de los maniquíes (Rúa Rogelio Abalde, 11), en Vigo, preséntase O sexo masculino dos anxos, de Manuel Janeiro, publicado en Galaxia. O acto, no que participan, xunto ao autor, Víctor Freixanes e Damián Villalaín, será será introducido por unha peza teatral breve titulada Desamordazamento, interpretada polos actores Pedro Placer e Pablo Carrera.
Tabela dos Libros de marzo, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros de marzo. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. En hora boa a todxs xs destacadxs e beizóns xs compañeirxs pola parte que me toca. Boas lecturas!»
A Coruña: seminario sobre Cultura galega e edición na Galiza franquista, o mércores 22
Lugo: acto de homenaxe a Benxamín Casal
O
venres 17 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo (Praza Maior, 23), terá lugar un acto de homenaxe a Benxamín Casal, baixo o nome de A forza da intelixencia, organizado conxuntamente pola Editorial Galaxia, o Club Cultural Valle-Inclán e o Círculo das Artes. No acto intervirán:
– Víctor F. Freixanes (Editorial Galaxia).
– Tonina Gay e Felipe Arias Vilas (Club Cultural Valle-Inclán).
– Jesús López-Domínguez López (Círculo das Artes).
– Ramón Villares Paz (Consello da Cultura Galega).
– Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega).
– Xosé López Orozco (Concello de Lugo).
– Alberto Núñez Feijóo (Xunta de Galicia).
– Xulián Parga Rodríguez.
– Familia de Benxamín Casal Vila.
– Música a cargo de Najla Shami.






