Entrevista de Héitor Picallo a Xosé Lois García en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Este sábado, 6 de setembro, recibe en Chantada unha homenaxe por mor do seu compromiso co país e a súa produción cultural e literaria. Que supón para vostede e quen anda na organización?
– Héitor Picallo: Para min significa vitalizar resistencia e cederlle a palabra aos que poidan facer o que eu non fixen, que foi pouca cousa. A non ser o galopar diante dos grises do ditame. Os meus 80 anos levan a coita, pero tamén levan a memoria e o compromiso, e isto vouno practicar e coidar até que me metan no asador. (…)
– ND: Como ve o panorama literario actual na Galiza?
– XLG: Ben, a pesar de estar nun momento deplorábel, no que respecta as mudanzas de pensamento político, e de incontinencia depredadora que se manifesta nas tráxicas actuacións de intolerancia e agresividade que proclaman os neonazis, que tratan de descarrilar a apoteose dunha literatura de embate que localizamos activa. Isto non é saudábel para a creatividade literaria, tan cargada de vulnerabilidade que, con frecuencia, tratan de desestabilizar a liberdade humanista e democrática, asaltando a realidade do outro, do diferente ao que eles pretende alienar. (…)”
Arquivos da etiqueta: Xosé Lois García
Chantada: Simposio-Homenaxe Xosé Lois García. 80 anos de Cultura e Vida, o sábado 6 de setembro
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, Xosé Lois García
Marco de Canaveses, Portugal: Xosé Lois García e Ramón Caride no III Encontro Luso-Galaico Ponte de Poesia
Lugo: presentación de Simboloxía do Románico de Taboada, de Xosé Lois García
Entrevista extensa arredor da súa obra con Xosé Lois García
Xa está dispoñíbel na Videoteca da web da AELG a entrevista extensa arredor da súa obra con Xosé Lois García. Pode verse tamén aquí:
Posse como Membro Correspondente da Academia Angolana de Letras por Xosé Lois García
Taboada: presentación de Simboloxía do Románico en Taboada, de Xosé Lois García
Lugo: presentación de Outras linguaxes, de Xoán Neira, o 18 de outubro
Xosé Lois García é nomeado membro correspondente da Academia Angolana de Letras
Desde Nós Diario:
“A Assembleia Geral da Academia Angolana de Letras (AAL) acordou por unanimidade nomear Xosé Lois García como novo membro correspondente desta institución.
A comunicación do nomeamento está asinada por Artur Pestana, Pepetela, presidente da AAL e un recoñecido e aclamado escritor universal en lingua portuguesa.
Xosé Lois García (Merlán, Chantada, 1945) é especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Mozambique, Angola, Guiné-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra está composta por mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán.
Nunha opinión publicada en Nós Diario, García afirmaba que “os galegos en xeral descoñecemos bastante cada un dos contextos culturais e artísticos lusófonos, cuxo vehículo de comunicación é a lingua orixinal galaico-portuguesa”.
Neste sentido, afirmaba que “a Lusofonía conforma a estabilidade dun bloque lingüístico que para nós, os galegos, debemos ter conciencia e amparo do mesmo, onde a nosa fala está presente e, non sempre temos o atino de preservala dentro do contexto que nos confina como promotores da mesma”.”