Lara Dopazo, grupo CINTEXC, Xosé Miguel Andrade, Apego, Cuarteto Quiroga, Chus Martínez, Teatro de Ningures, Manolo González, CIFP Carlos Orza e Carballo Interplay, Premios da Crítica de Galicia 2025

A Coruña: presentación de Personaxes da Galiza medieval II

O 15 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, terá lugar a presentación do libro Personaxes da Galiza medieval II. A Asociación Cultural O Galo de Santiago está a editar unha colección sobre personaxes da Galiza medieval, para contar a historia de homes e mulleres que desempeñaron na nosa Terra un rol relevante, entre os séculos VI e XV. É importante coñecer a nosa historia e tomar conciencia sobre a ocultación e deturpación que sufriu canto sucedeu aquí ao longo dos séculos. As biografías que aquí se recollen son as da raíña Dona Sancha, Fernando e Vermudo Peres de Trava, o arcebispo Bernardo II, Paio Gómez Chariño, Afonso Soares de Deza, Pedro Fernández de Castro e Fernando Ruis de Castro. Contarase na presentación co historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas, catedrático na USC (coautor desta obra) e con Mª Antonia Pérez, profesora titular na UDC. As persoas interesadas poden inscribirse aquí. As asistentes levarán de agasallo ese libro que se editou grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.

A Coruña: actividades do 7 de agosto na Feira do Libro 2024

Documental “Maridos e sodomitas, os casamentos de home na Galiza medieval”, a partir da idea orixinal de Carlos Callón

Compostela: actividades do 3 de maio na Feira do Libro 2024

Compostela: actividades do 30 de abril na Feira do Libro 2024

A Coruña: presentación de O reino medieval de Galicia, de Anselmo López Carreira e Xosé Miguel Andrade, e Celtas, castrexos e romanos, de Francisco Xavier González García