As axudas á tradución permitirán o cambio de idioma de 84 títulos

Desde Cultura Galega:
“A Consellería de Cultura e Turismo vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas para o libro galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas correspondentes ao ano actual. Tal e como recolle a resolución, traduciranse ao galego 62 títulos e outras 22 obras a linguas como o castelán, inglés, italiano e francés, cun investimento por parte da Xunta de Galicia de 200.000 euros, que tamén permite financiar outros gastos tales como o deseño e maquetación, preimpresión, impresión e manipulación das obras. O reparto das axudas, decidido por concorrencia competitiva, fai recaer de novo a maior contía no apoio á edición da tradución de obras de outras linguas ao galego, conxunto para o que van en total 119.994,87 euros -case 50.000 euros menos que o pasado ano, que contaba co mesmo orzamento xeral-, mentres que para trasladar a literatura galega a outros idiomas as axudas suman case 80.000 euros.
De entre as 20 editoriais beneficiadas pola resolución, tres reciben as maiores contías para levar a adiante os seu proxectos de tradución e concentran entre elas máis da metade do orzamento. Rinoceronte Editora publicará 27 títulos de tradución de outras linguas ao galego e contará para iso con 54.154,25 euros de axuda pública. Para o mesmo fin a editorial Kalandraka recibirá 28.783,29 euros de axudas que permitirán publicar 14 títulos. Para a publicación de libros de lingua galega a outros idiomas, o groso da axuda vai para a á editorial Small Stations Press que recibirá 31.373,19 euros por publicar en inglés 8 títulos. A media de axuda por título nestes casos sitúa case no dobre as axudas a Small Station Press (3.921,65 € de media cada título) respecto a Rinoceronte Editora (2.005,71 euros por título). Na lista de beneficiarias tamén están as fundacións Novoneyra e Vicente Risco con diversos proxectos editoriais.”

Crónica videográfica de A Escritora na súa Terra – Letra E, dedicada a Pilar Pallarés (III)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Pilar Pallarés, que foi homenaxeada na Coruña, cidade na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a terceira parte da crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Laudatio, por Eva Veiga:

Entrega da Letra E:

Resposta de Pilar Pallarés á laudatio:

Crónica videográfica de A Escritora na súa Terra – Letra E, dedicada a Pilar Pallarés (II)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Pilar Pallarés, que foi homenaxeada na Coruña, cidade na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Lectura da acta de concesión da Letra E por parte de Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG:

Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:

Crónica videográfica de A Escritora na súa Terra – Letra E, dedicada a Pilar Pallarés (I)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Pilar Pallarés, que foi homenaxeada na Coruña, cidade na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (neste caso un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos, referentes ao descubrimento do monólito conmemorativo:

Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:

Intervención de Pilar Pallarés e descubrimento do monólito e plantación da árbore conmemorativos:

A Escritora na súa Terra: Pilar Pallarés. A Coruña, 2019

A Escritora na súa Terra: Pilar Pallarés. A Coruña, 2019 terá lugar o 29 de xuño. Esta actividade conta co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Pilar Pallarés, que será homenaxeada na Coruña, cidade na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.

PROGRAMA DE ACTOS

11:30 Xardín posterior ao Centro Ágora (A Coruña)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica da escritora).
Interveñen:
– Alcaldía do Concello da Coruña, ou persoa en quen delegue.
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
– Intervención da homenaxeada, Pilar Pallarés.

12:30 Salón de actos do Centro Ágora (A Coruña)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
– Alcaldía do Concello da Coruña ou persoa en quen delegue.
Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
Eva Veiga: Laudatio.
– Entrega da peza escultórica da artista Soledad Penalta.
– Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Pilar Pallarés.

14:30 Restaurante Domus A Coruña (Rúa Ángel Rebollo, 91 –como chegar-)
Xantar de confraternidade. O prezo por persoa é de 37€, que se pagará no propio restaurante nunha mesa habilitada ao efecto. As prazas no restaurante son limitadas: agradecemos que as persoas interesadas fagan a súa reserva canto antes, chamando até o martes, terza feira, 25 de xuño -inclusive- ao teléfono: 981133233 ou enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org.

Pode descargarse o programa completo aquí. E o anverso nesta ligazón.