Arquivos da etiqueta: Xurxo Souto
Vídeos da Homenaxe a Luísa Villalta. “O outro lado da música: a palabra”, 2004
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) rendeu o domingo día 3 de outubro de 2004, unha sentida homenaxe póstuma á escritora coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), falecida en circunstancias tráxicas e inesperadas. O acto de homenaxe, que comezou ás 12:00 do mediodía, celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, e constou de tres partes diferenciadas coas que a AELG tentou honrar a traxectoria artística de Luísa, tanto no ámbito literario como no musical.
Recuperamos os vídeos desta actividade, que damos a coñecer agora publicamente:
Outeiro de Rei: X Convivio da Cultura Galega, o 8 de xullo
Carballo: Praza dos Libros PLIC 2023
A Coruña: Roteiro polos espazos lugrisianos, con Xurxo Souto e Rodrigo Osorio
A Coruña: presentación de Relatan… Nós
O 21 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o libro Relatan… Nós, coa presenza de Xosé Iglesias, Eli Ríos e Xurxo Souto. As persoas interesadas, que poden reservar praza enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com, levarán de agasallo os especiais que Sermos Galiza publicou sobre Rosalía e sobre Murguía.








