Yolanda Castaño
é a primeira escritora galega seleccionada polo Centro Internacional de Escritores e Tradutores de Rodas nos seus 17 anos de historia, e xa está a desfrutar dunha bolsa de creación en residencia. Foi escollida polo comité deste centro dedicado ao aloxamento de escritores e tradutores de todo o mundo durante estadías de curta e mediana duración. Durante as mesmas, fornécese aos literatos/as dun entorno tranquilo e propicio para o traballo, así coma ocasións de intercambio con outros creadores. O Centro Internacional de Escritores e Tradutores de Rodas foi fundado en 1995 para impulsar o labor das persoas que se dedican a estas áreas en todo o mundo, e dende entón leva aloxado a autores e tradutores dos cinco continentes, especialmente de Europa e os países da antiga Unión Soviética. Yolanda Castaño ocupa un dos cuartos deste emblemático edificio situado nun outeiro fronte ao Mar Exeo durante dúas semanas, levando noticia da cultura galega ata a illa do Dodecaneso. Convive actualmente con outras persoas chegadas dende Rumanía, Suecia, Grecia ou a Ucraína. Na súa estadía, que dedicará principalmente ao seu traballo de creación, colabora tamén o Ministerio de Cultura.
Arquivos da etiqueta: Yolanda Castaño
A Coruña: actividades do venres 5 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do venres 5 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que estará aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación do libro infantil O espantallo, de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
– 19:30 h. Presentación do libro Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, publicado por Xerais. Xunto ao autor, participan Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado.
– 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez), na Coruña: A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley, coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías.
A Coruña: actividades do xoves 4 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, ubicada, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que permanecerá aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada Fábula galénica, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
– 19:00 h. Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
– 19:30 h. Presentación da novela Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne, publicada por Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
– 20:30 h. Galaxia presenta o libro Cociñando ao pé da letra. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras do mesmo, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, e dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
– 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.
Santiago: actividades literarias do luns 25 no Festigal 2011
Na
Galería das Letras do Festigal 2011, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, terán lugar as seguintes actividades literarias o luns 25 de xullo:
– 16:00 h. Presentación do libro Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións. Falan: Maria Rosendo, Pepe Árias e Andrea Nunes.
– 16:45 h. Presentación da novela In vino veritas, de Francisco Castro, publicada en Galaxia. Participan Víctor F. Freixanes, Malores Villanueva e o autor.
– 17:20 h. Presentación de Ártico 2.0, de Xavier Queipo, publicado en Galaxia. Participan Víctor F. Freixanes, Alfonso Álvarez Cáccamo e o autor.
– 17:55 h. Presentación da iniciativa Sermos Galiza, coa intervención de Teresa Moure, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Marga Romero.
– 18:15 h. Presentación do libro Rosalía, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, editado pola AS-PG.
– 20:30 h. Presentación de Cociñando ao pé da letra, coordinado por Yolanda Castaño e Andrea Costas, publicado en Galaxia, coa participación de Marga do Val, Francisco Castro e as coordinadoras do libro.
– 21:15 h. Presentación do libro Falar com Jeito, de Fernando Corredoira, publicado en Através. Participa o autor acompañado por Valentim R. Fagim.
As manías d@s escritor@s de noso (II), no blog Trafegando Ronseis
Continuación do artigo no blog Trafegando Ronseis: As manías d@s escritor@s de noso (II):
“Celso Emilio Ferreiro: Antes de escribir o poema xa o elaboraba con anterioridade mentalmente e de xeito concienciudo. A súa muller era sempre a súa primeira lectora e crítica (a pedra para constatar a realidade, a emoción que pode espertar).
Yolanda Castaño: Con silencio total, pechada e con luz artificial, acode primeiro á súa cabeza antes de deixar pegadas no papel.
Antón Riveiro Coello: Merca cadernos en branco que logo non utiliza e asina sempre cun bolígrafo vermello. Un pouco de licor café axúdalle a enfeitizar as musas.
Elena Gallego Abad: Cando está en pleno proceso creativo non le outras literaturas, aínda que si se documenta moito para os seus escritos. Cociñar é o xeito que ten para desbloquearse.
Manuel Núñez Singala: Non fala do seu traballo ata telo rematado. Cambiou o caderniño e un cabo de lapis polo iPhone: sempre anda a anotar para non esquecer as ocorrencias.
María Canosa: A orde é fundamental para poder efectuar este labor que nos ocupa, algo que adoita realizar descalza e cunha vela porque lle relaxa mirar a lapa. Prefire escribir con lapis, e sempre a man.
Miro Villar: Nunca se pon á escrita de noite e faino en papel necesariamente. Adoita traballar intermitentemente e repousar a súa creación literaria.
Marta Dacosta: Acostuma utilizar as mesmas ferramentas, un vello caderno cheo de folios soltos e un bolígrafo agora extraviado. Obrígase asemade a utilizalas cando menos unha vez ao mes.
Antón Fortes: Utiliza uns pequenos cadernos de 10 por 15 centímetros nos que escribe cun Pilot de tinta líquida negra con letra minúscula (o propio autor asegura que é “de formiga”).
Marica Campo: Cómprelle a soidade e escoitar música de violonchelo, preferentemente Mischa Maisky ou Jacqueline du Pré.”
Santiago: Tender a man, con Isaac Garabato e Yolanda Castaño
O
xoves 21 de xullo, ás 21:00 horas, na Cidade da Cultura, dentro do programa Atardecer no Gaiás, Yolanda Castaño fusionará os seus versos cos músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, a cantante Mónica de Nut e a danza de Branca Novoneyra no espectáculo Tender a man. Tradicionalmente considerado xénero minoritario e difícil, a poesía faise acompañar aquí de disciplinas creativas máis próximas ao gran público (música en directo, performance, video, danza contemporánea,…)
Vigo: comeza a Feira do Libro 2011
Comeza
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do venres 1 ao domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do venres 1 son as seguintes:
– 19:30 h. Pregón da Feira, a cargo de Iolanda Zúñiga.
– 20:30 h. Presentación de Cociñando ao pé da letra, publicado en Galaxia, coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Francisco Castro e Andrea Costas.
Santiago: presentación de Cociñando ao pé da letra
O martes 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Casino de Santiago, preséntase o libro Cociñando ao pé da letra, publicado en Galaxia. No acto participan as autoras, Yolanda Castaño e Andrea Costas, o editor, Francisco Castro, e dous dos escritores que participan no libro, Anxos Sumai e Xabier P. DoCampo.
Yolanda Castaño: ‘Cociñar e escribir teñen moito que ver’
Entrevista
a Yolanda Castaño publicada en Galaxia:
“- Galaxia (G): -¿Cómo naceu a idea deste libro [Cociñando ao pé da letra]?
– Yolanda Castaño (YC): Naceu coa idea de trocar a imaxe tradicional que tiñamos dos escritores e escritoras: dogmatizando fronte a un atril, sentando cátedra tras dunha mesa presidencial, sempre moi graves e serios/as, para velos agora amasando, picando cebola ou pelando patacas, imaxes tan próximas e nas que todas e todos nos recoñecemos. Naceu da miña constante teima por achegar a escrita á sociedade, amosándoa coma unha parte moito máis achegada e imbricada na realidade do que talvez se pensa. Un convite a penetrar na fascinante literatura galega actual a través dun fío conductor co que todos e todas temos que ver, tan doméstico e íntimo, tan sinxelo, suxestivo e delicioso coma o da cociña. Naceu da miña absoluta fe na potencia creativa dos escritores e escritoras deste país e da gana por contaxiar ese entusiasmo a través dunha proposta que resultase fresca, orixinal, fluída e sobre todo alegre, incidindo no contacto entre disciplinas e nese trasvase tan contemporáneo. Naceu alentada tamén pola magnífica rede de blogs gastronómicos que existe en Galicia e España, traballos dos máis honestos aos que me asomei na internet e absolutamente inspiradores. (…)
– G: E que arte vén sendo máis difícil, despois de todo o que tes visto, ¿a escrita ou a cociña?
– YC: Supoño que todo dependerá das habilidades da persoa na que se poña o foco, do nivel de esixencia que esteamos demandando… Todo ten tamén a súa complicación. Ás veces é tan difícil escribir un texto memorable como conseguir que non se pegue o arroz.”
Indignadas contra a Real Academia Galega
‘Outro
dos rostros visibles do manifesto pola entrada das mulleres na Real Academia Galega, a poeta Yolanda Castaño, considera “unha mágoa” que a RAG “non aproveite este momento para tratar de reflectir un pouco mellor a realidade da sociedade no seu seo”. Para ela, unha vez que non se conseguiu o obxectivo, pode que a solución “estea na ampliación do número de cadeiras, ao estilo da Real Academia Española, pois as actuais son escasas”.
Por último, a profesora María Xesús Nogueira, tamén asinante d’O xogo das cadeiras, pensa que “non se trata dunha persoa, senón dun problema estrutural da Real Academia”, e considera que dende a RAG “se fan oídos xordos” ao sentir da sociedade galega.’ Desde (Xornal). Tamén neste medio aparece un artigo de Helena González.
