Crónica videográfica do IX Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, Como escribir o futuro?, Teatro

ACartelENU2014-72ppp Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, achegaron á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre este tema, alén de nos daren un panorama subxectivo de como ven a situación de cadanseu xénero na actualidade.
O IX Ciclo de mesas redondas Escritoræs na Universidade: Como escribir o futuro? finalizou en Vigo o 8 de outubro co protagonismo do Teatro, co seguinte programa: Contar ao carón da lareira en tempos dixitais. Existen novas linguaxes na oralidade? Con Celso Fernández Sanmartín e Paula Carballeira.

Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
Presentación da mesa redonda de Teatro.
Mesa de Teatro: Primeira intervención de Paula Carballeira.
Mesa de Teatro: Intervención de Celso Fernández Sanmartín.
Mesa de Teatro: Segunda intervención de Paula Carballeira.
Mesa de Teatro: Coloquio.

Compostela: presentación de Lugo, a cidade dos tesouros encantados, de Lois Diéguez

Santiago-Invitacion-1024x738

Entrevista de Laura Liñares a Xavier Queipo

Entrevista Xavier Queipode Laura Liñares a Xavier Queipo en Galego en Cork:
“(…) – Laura Liñares (LL): Hai uns días estiveches en Cork falando de escritura creativa e das vantaxes dos exercicios de estilo para os escritores. Coidas que sería interesante que os estudantes de linguas fixesen exercicios similares para mellorar o seu nivel?
– Xavier Queipo (XQ): Eu non estou moi a prol da separación de ciencias e letras, e daquela coido en pensar que a experimentación é sempre necesaria para avanzar no coñecemento. Cando de estudar una lingua se trata e se se quere avanzar alén do nivel básico de comunicación o feito de facer exercicios axuda a acadar un maior dominio da lingua que se estuda (como diría eu esto mesmo se fose un neno?, como podería describir o mesmo sentimento dun xeito romántico?, ou funcionarial?, ou técnico?, ou sintético?). De seguro que hai moitos manuais que eu non coñezo, pois sempre fixen estes exercicios de xeito intuitivo, mais se cadra podería recomendar os Exercicios de estilo de Raymond Queneau, que se ben están orixinalmente en francés, xa foron traducidos a moitas linguas, entre elas o castelán, o galego (en edicións Xerais de Galicia) e mais en inglés (Exercises in Style, by Raymond Queneau – Oneworld Classics)
– LL: No seminario sobre a tradución do Ulysses comentaches que non poderás volver escribir do mesmo xeito despois de lelo e traducilo. Cres que traducir a Joyce mudou tamén a túa visión de Irlanda? Como foi a túa experiencia en Cork?
– Xavier Queipo (XQ): En Joyce, en Faulkner, en Cortázar, en Kafka, en Musil, en García Márquez, en Borges e en tantos outros está a esencia de literatura, a exploración da complexidade do mundo. Nese sentido un non é o mesmo logo de ler as grandes obras deses escritores xeniais. Polo meu traballo vistei Irlanda unha ducia de ocasións na última década do século XX e mesmo convivína bordo dunha fragata irlandesa durante un mes enteiro, patreullando polas augas de Terranova. Logo vistaría por razón literarias (dúas vistas a Cork) ou peroais (dúas visitas a Dublin e unha a Galway e Connemara) xa no século XXI. Joyce presenta unha visión da Irlanda do inicio do século XX e nese sentido o que me revelou foi a esencia dun país que xa non existe, que estaba baixo o dominio imperial dos ingleses e que vivía na miseria ética e o oscurantismo da dependencia do poder central. Por sorte, ese perídodo pasou, mais quedan trazas dese pasado e Joyce axudou pois na comprensión de como esa dependencia puido influír na historia posterior de Irlanda logo da súa independencia. (…)”

Radiocrítica do 20-10-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 20 de outubro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva do colectivo Terras de Chamoso (I, 0:28); Micromegas, de Voltaire, en tradución de Marie Abraira (II); tamén de A raíña de Turnedó, de Gloria Sánchez ilustrado por Pablo Otero (II, 6: 35 e III) e, finalmente, do disco-libro Había que chegar, de Luís Emilio Batallán (III, 2:53).”

Santiago de Albá, Palas de Rei: estrea da curta musical Cortina, de Zënzar, con letra baseada no poema de Xosé María Díaz Castro, o mércores 29 de outubro

O Xosé María Díaz Castro 3mércores 29 de outubro, ás 17:00 horas, en Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), estréase a curta musical Cortina, do grupo de rock Zënzar, con letra de Xosé María Díaz Castro e dirixida por Paco Gallego. No acto participan:
– Paco Gallego, director e guionista da curta.
– María Cajaraville, actriz protagonista.
– Juan Luís Rúa, foto fixa e iluminación.
– Luís Carrera, fundador de Arqueixal (ecoagroturismo).
– Afonso Blanco Torrado, profesor, amigo personal de Díaz Castro e fundador de A. C. Xermolos.
– Bocixa, Realizador e membro de Zënzar.
– Membros de Zënzar.
Degustaranse petiscos elaborados por O Milmañas, con produtos da aldea ecolóxicos e saudables: Caldo Pobre, Pataca rechea de horta de outono, tosta de pan de centeo, mazá e queixo, iogur con marmelada de amorodos e crocante de pan vello.

Prégase confirmar asistencia no correo electrónico x.bocixa@gmail.com ou no teléfono 620599007.

VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e reliquias. Usos e crenzas, a celebrar en Lugo o 25 de outubro

CartonPlumaVIIXLitOral2014-72pppA1410344862726banner-VIIXLOral2014 VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e Reliquias. Usos e crenzas, que terá lugar o sábado 25 de outubro, é unha actividade organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo.

Aberto o prazo de inscrición (até o 23 de outubro):
– O profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no título da Consellaría de Educación, deben inscribirse na web da AS-PG.

Modalidade formativa: Curso.
Datas de realización: 25 de outubro de 2014.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 h. e tarde de 16:00 a 20:30 h.
Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8).
Valoración en horas de formación: 8 horas presenciais.
Número de prazas: 100.
Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Custo de matrícula: Gratuíta.
Criterios de selección, se procede: Por rigorosa orde de inscrición na web da AS-PG, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.

Falaremos de usos e crenzas arredor de amuletos e reliquias, esas cousas boas que fan de intercesores entre os humanos e as potencias (sexan estas deuses ou demos) do sobrenatural.
Os amuletos son obxectos, xeralmente pequenos e portátiles, que atendendo á forma ou ao material do que están feitos usáronse e aínda se usan, segundo crenzas ben arraigadas, para atraer a sorte ou para afastar o mal.
As reliquias teñen a orixe no martirio dos primeiros cristiáns, cuxos restos eran conservados e venerados. No século XVI o Concilio de Trento acrecentou este tipo de culto e propagou a fe masiva nos seus efectos beneficiosos, pondo en marcha, de paso, un fascinante negocio.
Estoxos, medallóns, escapularios ou relicarios con presuntos fragmentos do corpo ou de lugares santificados son o gran reclamo comercial de catedrais, igrexas e santuarios, como o é a posesión e a manipulación de amuletos para toda caste de taumaturgos.
Contaremos co saber de especialistas como Mª Rosa dos Santos Capelão, investigadora das funcións, usos e prácticas das reliquias ou “santas medicinas” en Portugal, Eusebio Rey Seara, historiador especialista en amuletos da época romana en Galicia, o escritor Calros Solla, propietario dunha colección de máis de 300 amuletos e talismáns (alicornos, pedras da pezoña …) e con Alfonso Blanco Torrado, crego rural con longa experiencia como observador dos usos, tanto de amuletos como de reliquias.
Maxia, fe, razón, superstición? Velaí a cuestión.

PROGRAMA

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10:30 h. – 11:30 h. Conferencia. O racional e o irracional do culto de reliquias, por Rosa Maria dos Santos Capelão.
Desde o Concilio de Trento para acó a igrexa católica regulou e controlou todo o relacionado co uso das reliquias, as “santas medicinas” que o pobo crente sempre demandou. A relatora expoñerá as conclusións das súas investigacións sobre o tema.
11:30 h. – 12:30 h. Conferencia. Facianas da capacidade sandadora do pobo dende a nosa cultura, por Alfonso Blanco Torrado.
A protección da saúde é o eixe central das peticións dos crentes para obter o favor divino, razón pola que acode a santuarios e igrexas, someténdose aos ritos e prácticas tradicionais.
12:30 h. – 14:00 h. Mesa redonda. Usos, abusos e outras prácticas relacionadas coas “santas medicinas”. Rosa Maria dos Santos Capelão e Alfonso Blanco Torrado. Coordina: Antonio Reigosa.
Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese.
16:00 h. – 17.00 h. Conferencia. Amuletos e reliquias: usos e crenzas. Unha mirada na antigüidade, por Eusebio Rey Seara.
O coñecemento do uso dos “obxectos de poder” no mundo clásico antigo é fundamental para entender a súa función na sociedade actual. O relator, especialista en amuletos do mundo romano na antiga Gallaecia, achegáranos ese saber a través dos textos e dos achados arqueolóxicos que se conservan.
17:00 h. – 18:00 h. Conferencia. Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional, por Calros Solla.
O estudo da nosa cultura popular tradicional ofrece a posibilidade de ver e ocar numerosos tipos de amuletos, en moitos casos aínda en uso. Esta é oportunidade que nos ofrece o relator que, ademais de investigador, é coleccionista destes obxectos.
18:00 h. – 19:30 h. Mesa redonda. Entre a maxia e a razón. O enigmático poder dos amuletos, con Eusebio Rey Seara e Calros Solla. Coordina Isidro Novo.
Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese.
19:30 h. – 20:30 h. Mostra de amuletos e reliquias ao vivo: usos e crenzas explicados por propietarios/as e usuarios/as.

ProgramaVIIXLitOral2014-100ppp

CartelVIIXLitOral2014-100ppp

Láncara: entrega do XIII Premio Ramón Piñeiro Facer País a Marica Campo, o domingo 26 de outubro

146_68207_Invitacion_Pin_eiro_Marica Campo Piñeiro