Arquivos mensuais: Setembro 2018
Celanova: presentación de Cartas dende o esquenzo, de Baldo Ramos, e Soneto no alfabeto, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Compostela: representación de O valo, de Carlos Labraña
A Coruña: entrega de diploma ad honorem a Pilar García Negro na XVII Asemblea da AMIT
O 28 de setembro, ás 12.30 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, 9), terá lugar a entrega do diploma ad honorem a Pilar García Negro, no marco da XVII Asemblea da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Premios da Cultura Galega 2018
Desde a Xunta de Galicia:
“A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou en 2018, mediante a orde do 3 de maio de 2018, os Premios da Cultura Galega para o ano 2018, con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.
– Premio Cultura Galega de Letras: Xosé María Álvarez Cáccamo.
– Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Luz Darriba.
– Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT.
– Premio Cultura Galega de Música: A Roda.
– Premio Cultura Galega de Audiovisual: Festival de Cans.
– Premio Cultura Galega de Lingua: Antón Santamarina.
– Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: O Sorriso de Daniel.
– Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Ramón Villares.”
Compostela: presentación de A casa que me mora, de Ángel Estévez
Noia: presentación de O país sen fronteiras, de Xerardo AgraFoxo
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra con Susana Sánchez Arins
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro seique, quando os passeios eram morte, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2018, que guiou Susana Sánchez Arins o sábado 22 de setembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Ana Romaní, Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018
Desde o Ministerio de Cultura:
“Ana Romaní Blanco foi galardoada co Premio Nacional de Periodismo Cultural, dotado con 20.000 euros. O xurado motivou a escolla de Romaní “pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”, así como pola “súa visión de feminismo crítico e compromiso social”. (…)
Actou como presidenta do xurado Olvido García Valdés e como vicepresidente David García Rivas. Formaron parte do mesmo as seguintes persoas como vogais: Blanca Berasátegui Garaizabal, Jaume Figueras Rabert, José Antonio Pascual Rodríguez; Luz Méndez Fernández; Iñaki Mendizabal Elordi; Rosa Franquet Calvet; Enrique Turpin Avilés; Carles Domènec Garcia Canals; Dolores Gallardo Ceballos; Ana González Lartitegui; María Emma Camarero Calandria; Ana Belén Roy Rodríguez de Gaspar; María Teresa Oñate Zubia e María Bernadette González Harbour.”
Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol
Desde Galaxia:
“A novela Extraordinario de Antón Lopo resultou hoxe gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá en rolda de prensa o portavoz do xurado, Xoán Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega.
O acto do fallo tivo lugar na refinería de Repsol na Coruña e estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a director da área Institucional de Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez, acompañados do director da refinería, Javier Sancho, e o portavoz do xurado, Xoán Babarro.
Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o premio está dotado con 12.000 euros, e a obra será publicada na colección Literaria de Galaxia o vindeiro novembro.
O portavoz do Xurado, composto ademais polo director de edicións de Galaxia Carlos Lema, a escritora Eli Ríos, a profesora Dolores Vilavedra e o gañador da anterior edición Xosé A. Neira Cruz, destacou da obra gañadora “a particular riqueza léxica, así como os valores estilísticos relacionados coa sintaxe, que se visualiza a miúdo a través dunha puntuación orixinal”. Babarro engadiu que “o uso da primeira persoa, a distribución do texto en noventa notas de desigual extensión e o ritmo narrativo conseguido facilitan a lectura e acaban atrapando o lector”.
O protagonista de Extraordinario, desde hai anos separado do círculo familiar, regresa para coidar da nai, hospitalizada. A través da súa mirada iremos interpretando a personalidade de cada un dos membros da familia, desde a situación presente ata épocas pasadas. O autor non só nos mostra o ambiente hospitalario, senón tamén as difíciles relacións do personaxe central coa nai durante a infancia e a adolescencia, o trato coa irmá e o antagonismo co irmán máis vello.
O xurado do XII Premio Narrativa Breve Repsol define Extraordinario como unha novela sólida, atractiva e ben narrada, cunha riqueza temática que se complementa con recursos de tipo irónico e humorístico.”