Desde Radiofusión:
“O escritor Antonio Tizón presenta este domingo 18 de maio en Magalofes (Fene) o seu libro-disco Coplas analfabetas. Eugenia Sanmartin, o dúo Barahunda, Davide Salvado e Carmen Penim interpretan as cancións incluídas no volume. Aprovéitase a biografía para o relato, pero sempre a través do filtro da literatura. A vocación literaria de Antonio Tizón débella, en boa medida, á súa avoa, María Dominga Cordeiro García (1900-1993), que era analfabeta pero gardaba na súa memoria prodixiosa centos de coplas, que lle recitaba e lle cantaba dende moi neno, cando sentaba con ela ao lado dereito da súa cama.
A esta muller, a quen sempre chamaba madriña, está dedicado este libro disco, Coplas analfabetas. Presentación, ás cinco da tarde do domingo no local veciñal de Magalofes. Despois actuarán as Xirifeiras. As Letras Galegas en Magalofes comezarán co teatro do grupo Licor Café de Cabanas o venres 16 ás nove da noite. O sábado 17 haberá un xantar veciñal. “
Arquivos mensuais: Maio 2025
Fisterra: presentación de Nao cetácea, de Xosé Iglesias
Lisboa: Letras Galegas 2025
Castelo de Pambre, Palas de Rei: recital poético polo Día das Letras Galegas
Cee: presentación de Nao cetácea, de Xosé Iglesias
O Couto, Ponteceso: 43 edición de Festiletras
Padrón: visita guiada polo Xardín de Rosalía “Falan as plantas”, guiado por Miguel Lois e María López Sández
Gondomar: acto poético-musical das Letras Galegas 2024
Lugo: actividades do 17 de maio na Feira do Libro 2025
O Ministerio de Cultura convoca as axudas para a creación literaria en 2025
O Ministerio de Cultura convocou as axudas para a creación literaria en 2025, en réxime de concorrencia competitiva. Poden consultarse aquí. A resolución completa pode verse nesta ligazón. A presentación de solicitudes finaliza o 4 de xuño de 2025.