A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval

Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval, celebrado o pasado 30 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Intervención no Zig-zag da Televisión de Galicia sobre a IV Xornada de Literatura Dramática

Intervención de Afonso Becerra de Becerreá no programa Zig-zag da Televisión de Galicia sobre a IV Xornada de Literatura Dramática organizada pola AELG o 23 de novembro de 2019 na Coruña.
Pode verse completa aquí.

Jorge Emilio Bóveda somérxenos nun western galego en Deserto García

Entrevista a Jorge Emilio Bóveda no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Deserto García é a nova novela do escritor Jorge Emilio Bóveda. É un western galego cheo de violencia dunha sociedade embrutecida. O protagonista, un garda civil retirado, foxe do seu pasado mudándose a unha aldea. A entrevista pode verse aquí.”

I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

Desde Bitraga:
“A AGX, en colaboración coa AGPTI, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago, organiza a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2020 na Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida), en Santiago de Compostela.
Podes consultar aquí o programa.
O programa de actividades inclúe un obradoiro práctico de tradución (25 participantes). Se desexas participar, é preciso que o indiques na inscrición. Nese caso, recibirías os textos cos que se traballará con varias semanas de antelación para a súa posta en común o día de celebración da xornada.
Cota de inscrición: A inscrición para socias e socios da AGX e da AGPTI é gratuíta, para o resto de público a cota é de 10 euros, que se aboará o mesmo día da xornada.
Prazo de inscrición: até o 18 de decembro de 2019 ou até completar aforo (30 participantes).
Para anotarte, envía simplemente un correo electrónico a infoagx@gmail.com cos teus datos, indicando se desexas participar ademais no obradoiro ou non.”

Crónica fotográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (I)

A IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.

Aquí pode verse a crónica fotográfica completa, da que publicamos hoxe estas fotos:

Teo: presentación de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro

O 5 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría A Vagoneta Educativa (Travesía de Cacheiras, 19), en Teo, preséntase Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, publicada por Galaxia. Acompañando á autora, estará o escritor Xosé Antonio Perozo.