A Coruña: entrega dos Premios Literarios da A. C. O Facho 2018

A sexta feira 1 de xuño, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, terá lugar a entrega dos premios literarios convocados pola A. C. O Facho.

Concurso de Contos de nenos para nenos
Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
Primeiro prémio: O orfanato de Marta Rodríguez González.
Segundo prémio: A fábrica de nubes de Andrea Ramos Casal.
Premios da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
Primeiro prémio: A princesiña peideira de Mariña García Iglesias.
Segundo prémio: Catro segundos de María Carballo Rodríguez.
Concurso de Poesia
Obra Ganhadora: Dialética. Autor: Daniel Barral Calvo.
Concurso de Teatro Infantil
Obra Ganhadora: Pingas. Autora: Adela Clorinda Figueroa Panisse.”

Santiago: XI Xornada dos Clubs de Lectura

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
“O vindeiro 1 de xuño reuniranse en Compostela (Palacio de Congresos), os coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura participantes da convocatoria anual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento deste tipo de actividades nos centros de ensino secundario de Galicia.
A que será a XI Xornada dos Clubs de Lectura volve ao seu formato máis habitual, con asistencia só do profesorado, ao ser unha actividade incluída no Plan Anual de Formación do Profesorado, vinculada ao Plan LÍA, de bibliotecas escolares, e coa limitación de poder acoller unicamente a este colectivo. No ano 2012 e no 2017 acudiran tamén unha representación do alumnado; agardamos poder volver a convocar tamén ao alumnado nunha próxima edición. (…)
O programa desta xornada inclúe a entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2018 que se vén entregando ao autor ou autora galega, máis lido polos clubs de lectura no curso precedente. Unha vez contabilizadas as lecturas realizadas no pasado curso, este galardón recibirao este ano o poeta Carlos Negro, quen tamén impartirá unha charla e un obradoiro ao longo da xornada. Contaremos tamén con especialistas como Freddy Gonçalves, libreiro, escritor e experto en literatura infantil e xuvenil ou Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria. Mesas temáticas, talleres e comunicación de experiencias completan un programa ao que lle poñerá remate sonoro e narrativo o músico e escritor Xurxo Souto.
O programa pode consultarse aquí.”

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (V)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

Premio na categoría de Literatura Infantil: A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia):

Premio na categoría de Literatura Xuvenil: Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia):

Premio na categoría de Libro ilustrado: Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora):