Desde Nós Diario (foto: Concello de Santiago de Compostela):
“Marga Tojo é a gañadora da oitava edición dos Premios SELIC de creación literaria pola súa obra Sarela, novela negra ambientada en Compostela na que se presentan cuestións e inquedanzas da sociedade presente ao tempo que relata feitos da historia local recente.
O xurado considera que a obra Sarela é merecedora da edición deste ano “por tratarse dunha obra ben estruturada, áxil, interesante e que, ademais, achega unha perspectiva da nosa cidade moi actual”. Nesta novela, indicou o xurado, “preséntanse cuestións e inquedanzas da sociedade presente, como a perspectiva de xénero, a de clase, a diversidade afectivo-sexual ou os conflitos laborais, ao tempo que relata feitos da historia local recente”.
Así mesmo, o xurado sinalou o acerto de situar unha novela negra en Compostela, “feito que contribuirá, sen dúbida, a anovar as temáticas relacionadas coa cidade, alén dos tópicos históricos ou turísticos”.
A gañadora do Premio SELIC recibirá unha recompensa económica de 6.000 euros e a súa obra será publicada na colección SELIC que edita o Concello de Santiago.
O xurado que seleccionou a obras gañadora desta edición dos Premios SELIC estivo integrado por Arancha Rodríguez Fernández, Daniel Asorey Vidal, Llerena Perozo Porteiro, Manuel Portas Fernández e Óscar Senra Gómez, asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural, Xesús Amado Reino, en calidade de secretario, con voz e sen voto. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: conferencia “Esgrafiado galego: un museo ao aire libre”, de Mar López Sotelo
Crónica fotográfica do acto polo Día das Letras Galegas 2025 na Coruña, o 18 de maio
Estas son algunhas das fotografías do acto polo Día das Letras Galegas que tivo lugar diante do Teatro Rosalía de Castro, na Coruña. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Compostela: presentación de A falsa autónoma, de Yolanda Castaño
Bertamiráns: encontro literario arredor de Mea culpa, de Toño Núñez
Lóuzara: roteiro Fiz Vergara Vilariño 2025, o 31 de maio
Sanxenxo: “Escribir para as máis novas”
Pontevedra: “Castelao no século XXI”, con Pilar García Negro
Os xurados dos Premios Xerais seleccionan as obras finalistas para a edición de 2025
Monografía temática “As letras das mulleres”, desde o Consello da Cultura Galega
Desde o Consello da Cultura Galega:
“A incorporación das escritoras ás institucións literarias suscita múltiples tensións sobre a lexitimidade, a paridade, o recoñecemento e as prácticas diverxentes. Estes debates sobre as estruturas culturais repercuten tamén na esfera social e provocan reaccións e campañas, particularmente no activismo feminista. Máis concretamente, esta monografía mostra reflexións e documentos sobre a participación das creadoras e intelectuais na celebración do Día das Letras Galegas e na Real Academia Galega.
As achegas das expertas aportan argumentos para actualizar o debate. Ana Romaní e Ánxela Lema ofrecen unha mirada crítica sobre as incomodidades que xorden arredor das autoras homenaxeadas nas Letras Galegas mentres que Susana Arins aborda unha iniciativa feminista popular para o recoñecemento de autoras das letras galegas vivas. Co foco posto na Real Academia Galega, as contribucións de Iolanda Veloso, Dolores Vilavedra e María Reimóndez fan memoria de dúas campañas realizadas entre 2010 e 2011 para instar á elección de máis mulleres como académicas de número. E a política de lavado lila (purplewashing) da RAG no ano da súa fundación, en 1906, ocupa a achega histórica de Helena González.
A documentación histórica recollida no apartado “escritas no tempo”, recupera iniciativas de diverso signo que reivindican unha maior presenza de mulleres nas institucións literarias: a proposta de candidatura de María Xosé Queizán feita polo Consello Municipal da Muller de Vigo en 2010; o manifesto “O xogo das cadeiras” e as reaccións que provocou en 2011; os manifestos da celebración anual “Nosa Señora das Letras” d’A Sega desde 2014; a campaña “Dez mulleres para as Letras Galegas 2018”; e mais o “Manifesto de Soutomaior” publicado en 2021.
Ofrécense tres galerías gráficas: Académicas desde 1906, homenaxeadas no día das Galegas nas Letras d’A Sega e mais no Día das Letras Galegas da RAG. Singularizan cada unha das autoras e intelectuais elixidas á vez que ofrecen unha liña do tempo do recoñecemento institucional que pon en evidencia as carencias e interrupcións.”













