
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Alberto González-Garcés: “O meu pai escribía unha poesía profunda e chea de matices”
Yolanda Castaño: “Este libro foi escrito nunha crise persoal profunda”
A Coruña: presentación de Obras públicas, de Marcos Lorenzo
Vigo: “Máis alto que o ceo”, co Leo, no Évame Oroza
Ordes: presentación de <em>Son galego</em>, de Antonio José Francisco Rey
A Coruña: Foros Grial Galicia 2025. Impacto social da ciencia e da tecnoloxía
A Coruña: conferencia “Sobre o lobo e outros seres en Vicente Risco”, por Olivia Rodríguez González
Clara Martín faise co VII Premio de Poesía Eduardo Pondal da Editorial Medulia
Desde Que pasa na Costa:
“A Editorial Medulia, que coordina a cormelá Diana Varela, vén de dar a coñecer a obra gañadora do VII Premio de Poesía Eduardo Pondal.
Tras o debate do xurado, aberta a plica pola secretaria, a obra elixida resultou ser Asfixia, de Clara Martín, presentada baixo o pseudónimo de “Isué Ajrú”.
A poeta e artista plástica, nacida en Verín, foi galardoada anteriormente con múltiples premios literarios. E conta no seu haber con diferentes publicacións que atinxen xéneros como o teatro, o relato curto ou o colaxismo.
Trátase dun libro que conxuga unha perfecta composición global do conxunto de poemas, concibidos como un todo; sen perxuizo de que cada un dos textos teña entidade, singularidade e sentido propios.
O xurado destaca a elevada cantidade de manuscritos presentados ao certame, e a alta calidade dos mesmos.”







