Tes fotos coas/cos nosas/os escritoras/es? Compárteas! No novo Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs da @aelg

arquivofotoaelgO Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs recompila e cataloga fotografías actuais e históricas que, baixo distintos tipos de licenzas, permite á sociedade consultar e colaborar na conservación do patrimonio fotográfico do noso sistema literario: calquera persoa poderá subir aquelas fotos do seu arquivo persoal que teñan que ver con actos literarios ou poidan axudar a completar as fotobiografías literarias das escritoras e escritores.

As achegas non se publican automaticamente senón que son sometidas a un proceso de revisión que autoriza ou non a súa inclusión; este proceso demora uns días. A AELG limítase a ofrecer un catálogo documental deste patrimonio fotográfico, e non xestiona os dereitos de reprodución, remitíndose ás licenzas que figuran en cada fotografía. Pode remitir as súas consultas a oficina@aelg.org.

Monforte: Homenaxe a Manuel María

2016_10_01_programa_homenaxe_a_manuel_maria_en_mon

A Coruña: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso

O Fran Alonsosábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, na Libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35), na Coruña, terá lugar a presentación de Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor.

Vigo: Crear+sentir+medrar: obradoiro de creatividade. Scrapbooking, dirixido por María N. Soutelo

O Neves Soutelosábado 1 de outubro, entre as 10:00 e as 12:00 horas, no Espazo Maxiavida (Rúa Troncoso, 26, 3º C), en Vigo, María N. Soutelo dirixe o obradoiro Crear + Sentir + Medrar, co que se anima a achegar ao público, sen medo, a través das manualidades e da escritura, á súa vibrante enerxía creativa e ao riquísimo universo das emocións. O prezo da actividade é de 15 euros, que se pagarían no propio espazo. Máis información aquí.

Meira: IV Festa da Afirmación e Dignidade

imm_irimia-2016