Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vilagarcía: XL edición da Mesa das Verbas
Entrevista a Ramón Neto
Entrevista
a Ramón Neto na revista Palavra Comum:
“(…) – Palavra Comum (PC): Que supõe para ti a poesia/literatura?
– Ramón Neto (RN): A poesía, e a literatura en xeral, supón unha forma de interiorizar pensamentos, emocións, vivir a través das vivencias dos outros, ver as cousas desde outras perspectivas e motivar cuestionamentos. No que respecta á escrita, o que a poesía me aporta varía dependendo da obra na que estea a traballar. Mais, tentando xeneralizar, diría que entendo a poesía como unha maneira de comunicar que fica sempre en suspenso, gardando sempre unha certa actualidade. A voz do poema, independentemente de cando teña sido escrito, garda o alento da palabra que vén de ser pronunciada. Igualmente é o poema unha encrucillada de posíbeis significados que poden revelarse como aparentemente contraditorios sen ser excluíntes. A poesía, mesmo mantendo un ton coloquial e reflectindo a oralidade da lingua, non deixa de ser esa linguaxe rara, esa forma inhabitual de aludir ao cotián ou ao imaxinario; un medio que permite renovar constantemente a maneira na que nos referimos ás cousas. E pode, e mesmo creo que debe ser tamén, un modo de filtrar emocións e experiencias que non son nosas, de meterse na pel dos outros. Por iso mesmo, a poesía pode tamén ser un xogo, un entretemento; e cando se volve retranqueira, o sarcasmo pode axudar a darlle a volta ao xeito de ver as cousas. Mais, finalmente, o que talvez a poesía verdadeiramente sexa, é a arte de non dicilo todo, de deixar espazos abertos para que sexa o lector quen os complete a través de lectura.
– PC: Como entendes o processo de criação artística?
– RN: O proceso de creación acostuma traducirse nunha especie ruxerruxe interno, de fluxo mental, que funciona nalgún lado do maxín en paralelo a todo o que fago na vida cotiá. Sobre todo nos momentos nos que a creación dun poemario vai collendo corpo, acaba sendo o calidoscopio a través do cal vou observando as cousas. Así, ese mesmo proceso vaise nutrindo do que acontece diante dos meu ollos e das vivencias que outras persoas teñen a ben compartir comigo.
Despois está o traballo de revisión. Mesmo se ao final un texto pode practicamente non sufrir cambios, gústame deixalo repousar antes de dalo por bo; e se é preciso modificalo, ter a ocasión de facelo en frío. Concordo co que afirma Manuel Álvarez Torneiro nunha recente entrevista: “Hai que escribir máis coa cabeza que co corazón, deixar arrefriar as cousas”. (…)”
Vilar de Santos: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
A
sexta feira 12 de setembro, ás 21:00 horas, na Arca da Noe (Rúa do Forno, 13), de Vilar de Santos (Ourense), preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participará o propio autor.
Publícase en inglés Nimbos, de Xosé María Díaz Castro
Desde
Galaxia:
“Baixo o título de Halos, o poemario de Xosé María Díaz Castro Nimbos acaba de ver a luz en inglés, na colección Galician Classics da editora Small Stations Press. O volume permitirá dar a coñecer no mercado anglosaxón os versos do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2014.
Esta é a quinta publicación desta editorial que xa incorporou ao seu catálogo obras de Rosalía de Castro, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Lois Pereiro. Desta volta incorpórase Nimbos en tradución de John Rutherford. (…)”
Quiosco: Revista Galega de Teatro, número 79
Desde
Cultura Galega:
“Un monográfico sobre Teatro e lingua, con traballos de María Xosé Queizán, Joan Giralt i Bailach e Afonso Becerra centra o número 79 da Revista Galega de Teatro que está xa á venda. Canda aisto, a entrega inclúe unha entrevista a Xosé Manuel Carballo Ferreiro da man de Antón Lamapereira, a tradución ao galego da peza Mata o teu alumno, de Carles Mallol ou un artigo sobre as tendencias na escenografía do teatro europeo. Ademais, na habitual sección de crítica repásanse as obras Que volvan as flores, Da Vinci tiña razón! e Symón Pédicrí. Ademais, tamén se repasan as últimas edicións de eventos como o Festival de Ribadavia, o Corpo(a)terra ou a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, entre outros.”
Ribadeo: IV concerto Música e Letras en Feminino
O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e ante o número de chamadas e mensaxes recibidos estes días preguntando polos mesmos, sobre todo de xente de fóra da Mariña que quere achegarse ao concerto, o Observatorio da Mariña pola Igualdade decidiu facer reserva de entradas unicamente a través do mail observatorioigualdade@gmail.com até o propio venres 12 ás 12:00 h. Ademáis, o propio día do concerto tamén se poderán adquirir bono-axuda-entrada na propia billeteira desde unha hora antes do concerto.
Betanzos: presentación do libro-CD Tanto encanto reunido
O Parlamento europeo acolle unha mostra sobre autores galegos
Desde
Cultura Galega:
“O corredor do piso 5 do Comité das Rexións, no Parlamento Europeo en Bruxelas, acollerá desde o día 15 ata o 2 de outubro unha exposición de baixorrelevos caricaturizados de autores galegos aos que lle dedicaron o Día das Letras Galegas. Son 51 deseños realizados por Siro López e elaborados en baixorrelevo polo escultor Ferreiro Badía. A colección pertence ao Parlamento galego.”
Rafael Lobelle gaña o Premio Avelina Valladares 2014
O xurado que outorga ou galardón de poesía Avelina Valladares reuníuse na tarde do martes 9 de setembro na casa consistorial da Estrada para decidir que a décimo oitava edición deste premio fose a parar ás mans do xove escritor Rafael Lobelle.
O xurado, composto por Neves Soutelo Vázquez, David Otero Fernández, Xosé Luna Sanmartín e Dolores Araújo Arias destacou do poemario deste mozo que afonde sobre ou camiño da vida, cunha rica construción poética dende ou idioma asumido que reflicte un uso de camiño á normalización. Para decidir o gañador tamén foi importante percibir as numerosas referencias que o autor fai na súa obra aos poetas galegos, sobre todo aos da nova xeración.
Lobelle aínda está comezando no mundo da literatura, pero na súa curta carreira xa colleitou tres galardóns máis, o Xuventude Crea nas súas edicións de 2012 e 2013 e o premio Díaz Jácome que convoca o Concello de Mondoñedo.
A obra gañadora, que participaba baixo o lema Zarapelo, impúxose así aos outros 14 textos que entraron a concurso, conseguindo ser a agraciada dúas 2.000 euros en metálico que ten adxudicados este premio e a publicación dá obra.
O acto de recoñecemento público e a entrega dous premios a Rafael Lobelle farase durante a celebración da vindeira festa da poesía que terá lugar durante o mes de decembro.”



