Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Xosé Lois García é nomeado membro correspondente da Academia Angolana de Letras
Desde Nós Diario:
“A Assembleia Geral da Academia Angolana de Letras (AAL) acordou por unanimidade nomear Xosé Lois García como novo membro correspondente desta institución.
A comunicación do nomeamento está asinada por Artur Pestana, Pepetela, presidente da AAL e un recoñecido e aclamado escritor universal en lingua portuguesa.
Xosé Lois García (Merlán, Chantada, 1945) é especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Mozambique, Angola, Guiné-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra está composta por mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán.
Nunha opinión publicada en Nós Diario, García afirmaba que “os galegos en xeral descoñecemos bastante cada un dos contextos culturais e artísticos lusófonos, cuxo vehículo de comunicación é a lingua orixinal galaico-portuguesa”.
Neste sentido, afirmaba que “a Lusofonía conforma a estabilidade dun bloque lingüístico que para nós, os galegos, debemos ter conciencia e amparo do mesmo, onde a nosa fala está presente e, non sempre temos o atino de preservala dentro do contexto que nos confina como promotores da mesma”.”
Gondomar: “O Campo das Laudas de Cerdedo. A memoria recuperada”, con Calros Solla
Vigo: Recital poético nos 500 anos do nascimento de Luís de Camões
Vigo: presentación de Tras do Ceo, de Manuel Rivas
Vigo: Os oficios do libro. Rexina Vega
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro

Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.







