Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 16 de xullo
O 16 de xullo comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón a cargo de Manuel Puga Pereira.
– 20:00 h. María Alonso Alonso asina Red Lion, publicado por Galaxia.
I Premio de Xornalismo Argenteuil!
“A revista argenteuil!, creada e dirixida pola colexiada Estela Pan Vázquez, do Colexio de Xornalistas, nace da necesidade de escribir para crear unha experiencia xornalística experimental.
BASES
Escritos que postulan unha transformación persoal e colectiva nun plano dixital, que permite a lectura en todo o mundo.
Así a idea é realizar unha escrita alternativa.
Os artigos que se presenten ao PREMIO DE XORNALISMO ARGENTEUIL! deben levar a marca do/a autor/a.
Terase en conta a orixinalidade das premisas, que sexan unha aproximación sui generis a París.
París, existirá ad hoc grazas a estas escrituras.
Enviarase un artigo de 5 a 10 páxinas en 12 puntos letra new courier xunto cun cv. O prazo será desde o 15 de xullo ao 15 de setembro.
O(s) artigo(s) premiado(s) serán publicados na revista na web da Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega, no espazo correspondente a Ronsel Pan, en obra Colectiva.
Enderezo mail: estelapanvazquez@hotmail.com”
Compostela: Raquel Miragaia presenta Tempo Tardade
Medidas anti-Covid:
*Precisamos inscrición previa xa que haberá prazas limitadas. Podedes enviar un mail aqui: liladelilith@gmail.com
*Poñeremos cadeiras debidamente separadas e reservadas para quen se inscriba.
*Obrigatorio o uso de máscara.
*Obrigatorio uso do xel hidroalcólico cando entredes na libraría.
*Mantede a distancia de seguridade.