Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música, impartido por Isabel Rei Samartim, en Pontevedra

O Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra. Será impartido por Isabel Rei Samartim.

“Se a palavra escrita é capaz de evocar silêncios e melodias, a música transporta em si o poder de narrar histórias. Neste obradoiro exploraremos o território partilhado onde as duas artes se cruzam, fundem e desafiam, investigando as infinitas correspondências entre a expressão verbal e a linguagem musical.
Ao longo de sete sessões práticas e teóricas, o  foco estará na porosidade das fronteiras artísticas. Analisaremos como o ritmo, a harmonia e a textura moldam tanto a construção de um texto como a composição de uma peça sonora. Vamos investigar de que forma a literatura se apropria da matéria musical, e como a música reinterpreta e amplifica as narrativas literárias.
Este espaço será um laboratório dinâmico e flexível, um convite aberto a tornar o pensamento em música e a música em literatura, num diálogo livre e em constante transformação.”

– 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.

– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

Calendario
– Días: Sábados 19 de setembro; 3, 24 e 31 de outubro; e 7, 14 e 21 de novembro de 2026.
– Horarios: de 10:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Roteiro Neixón no abrente da historia, con Milagros Torrado Cespón, o 20 de setembro

O Roteiro Neixón no abrente da historia, guiado por Milagros Torrado Cespón, forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. Esta actividade, subvencionada pola Deputación da Coruña, conta tamén coa colaboración da A. C. Barbantia e o Concello de Boiro.

– O roteiro presencial terá lugar o domingo 20 de setembro de 2026, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de encontro inicial a saída da porta do Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón. Nine, s/n. Cespón, Concello de Boiro).

– A actividade é gratuíta e non é necesaria inscrición previa.

– Nota: é preciso levar calzado axeitado, dado que se vai ir polo monte.

“Hai case vinte anos que Pepe Carreiro nos presentou a Manicho Cativo, ese rapaz rebuldeiro que vivía no castro de Neixón e frecuentaba asiduamente os seus coetáneos de Baroña. Vinde, xentes, coñecer a súa historia mentres imaxinamos o baile do sol sobre Cortegada no enclave privilexiado onde o río Beluso se funde coa ría de Arousa. Poderiamos preguntarlle aos habitantes do promontorio se xa daquela cantaban o de “Vaite de aí, vaite vaite / cara de leite fervido, / xa me dixo miña nai que tiñas o mal cativo” como apuntara Bouza Brey a principios do século XX ou se para quitar ese mal recollían loureiros que queimaban nunha fogueira de vidras sobre tellas virxes como indica Milagros Torrado xa no século XXI. Seguiremos camiñando para intuír a vida nos castros, inzados de marisco e, se Manicho Cativo tiña razón, lambetadas do mel que os osos deixaban para eles. Debullaremos as fontes históricas e arqueolóxicas dun asentamento que se segue a encher de bulicio na súa romaxe de agosto en convivencia harmónica entre o relixioso e o pagán e que tamén coñeceu as noites arriscadas daqueles tempos predecesores de Fariña. E, como non, quedaremos mirando o interior da nosa ría dende a punta lembrando a Manuel Maneiro, eterno habitante de Neixón.”

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura, con Carmen V. Valiña

O Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración das librarías Lila de Lilith e Pedreira, de Santiago de Compostela. Será impartida por Carmen V. Valiña, cunha sesión especial coa presenza de Montse Fajardo.

“A loucura construíuse durante séculos en feminino. Non se nos dixo sempre que as mulleres, polo simple feito de selo, xa temos algo de tolas? Este obradoiro propón mirar ao outro lado do espello facendo un percorrido por cinco escritoras que narraron as súas experiencias psiquiátricas.
Ao longo de seis sesións penetraremos nalgunhas das obras desas “tolas” para analizar en profundidade o seu contido e, tamén, as vidas e experiencias psiquiátricas das súas autoras. Comezaremos cunha sesión inicial que nos permitirá comprender como escritura serviu, no caso de moitas mulleres cualificadas como “tolas”, para contrarrestar a narrativa médica construída sobre elas, contar as súas vidas coas súas propias palabras e dar a coñecer, tamén, a súa existencia cotiá dentro do propio manicomio no que foran encerradas.
A continuación, analizaremos a escrita de cinco mulleres, de contextos xeográficos dispares, para comprobar como, ao longo de distintos momentos do século XX, a escritura foi para elas un arma literaria, de refuxio e mesmo de activismo. As escollidas serán Christine Lavant, Leonora Carrington, Janet Frame, Alda Merini e Kate Millet. Con estilos moi dispares, as cinco crearon obras de enorme potencia literaria e humana, reivindicando e explorando  a súa individualidade e os a miúdo borrosos límites entre a tolemia e a cordura,  así  como abordando de maneira crítica as violencias da psiquiatría como ferramenta de control.”

Hai 16 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, realizarase, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada. A inscrición de cada persoa participante entenderase feita para o conxunto da actividade. Actualmente están xa todas as prazas cubertas, polo que as solicitudes que se envíen entrarían nunha listaxe de reserva.

Horarios, calendario e emprazamentos:
– De 10:30 a 13:30 h. os seguintes días:
Sábado 3 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 17 de outubro na Libraría Pedreira.
Sábado 24 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 31 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 7 de novembro na Libraría Pedreira.
Sábado 14 de novembro na Libraría Lila de Lilith.

Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7, baixo).
Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, baixo).

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Bases do IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal

Publicamos as bases do IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal, organizado pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo, e a subvención da Deputación da Coruña, que terá lugar no marco da XI Xornada de Literatura Dramática (a celebrar en outubro de 2026 no Teatro Rosalía de Castro)

BASES DA CONVOCATORIA PARA O IX FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2026: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da XI Xornada da Sección de Literatura Dramática 2026, o domingo 25 de outubro de 2026, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente.

Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego ou portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.

Un comité de selección, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (TRC) da Coruña e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo), baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para seren (re)presentadas no IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal.

Unha vez (re)presentadas, as/os creadoras/es de cada proxecto deberán emitir un voto secreto polo proxecto que consideren mellor, excluíndo na papeleta de votación o seu propio. Estes votos e os do comité organizador e, se así o considerar, o da persoa convidada de honra, concederán o V PREMIO do IX FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2026, que consistirá na estrea da peza. É importante sinalar que, unha vez (re)presentados os proxectos, o xurado pode considerar que ningún deles reúne as características ou condicións necesarias e, por tanto, deixar o premio deserto.

O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.

No breve debate posterior ás presentacións búscase coñecer a reacción do público, nun diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.

As (re)presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado. Para a selección do proxectos privilexiaranse aqueles en que as presentacións reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.

Aínda que o nome deste evento é “Festival”, non contamos coas infraestruturas nin a capacidade de produción dun festival de artes escénicas ao uso. Neste caso trátase dun espazo diáfano, cunha luz xeral e con mínimas posibilidades no que atinxe a equipamento técnico. Tampouco hai tremoias nin persoal técnico ao servizo das (re)presentacións dos proxectos. Por tanto, é necesario que as/os creadoras/es amosen o seu traballo, ou o bosquexo do seu traballo, dentro das súas propias capacidades para facelo.

Condicións:

– Asígnase un orzamento total de 500 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 600 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal, onde se entenden incluídos todos os custos (desprazamentos, etc.).

– Prazo para a presentación de propostas: 25 de setembro de 2026.

– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Sección de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo) en función de:

+ Descrición e formulación do proxecto.
+ Breve mostra da peza.
+ Currículum das/os dramaturgas/os.

Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 25 de setembro de 2026, a: oficina@aelg.org

– As/os creadoras/es seleccionados para (re)presentar os seus proxectos escénicos deben comprometerse a estar presentes durante toda a xornada que dura o Festival (dentro da XI Xornada da Sección de Literatura Dramática 2026, o domingo 25 de outubro de 2026, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente) e participar nos debates dos proxectos (re)presentados polas/os súas/seus colegas, de tal xeito que poidan, ao final da xornada, emitir o voto correspondente para o V Premio do IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal.

V PREMIO DO IX FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2026

Ademais do orzamento asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal, un comité, formado polo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo, e, se así o considerar, a persoa convidada de honra, e contando cos votos das/os creadoras/es participantes, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

***

BASES DA CONVOCATÓRIA PARA O IX FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2026: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da XI Xornada da Sección de Literatura Dramática 2026, o domingo 25 de outubro de 2026, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente.

Convocatória aberta a 7 projectos de artes cénicas que utilizem textos em galego ou português, individuais ou colectivos, para um espectáculo em qualquer das modalidades e géneros das artes cénicas. Deve tratar-se de uma peça ou proposta cénica que esteja em processo de criação/realização.

Um comité de seleção, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo, baseando-se em critérios artísticos, escolherá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para serem (re)presentadas no IX Festival Peças de um Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal.

Uma vez (re)presentadas, as/os criadoras/es de cada projecto apresentado deberão emitir um voto secreto pelo projecto que considerem melhor, excluindo na papeleta de votação o próprio projecto. Estes votos e os do comité organizador e, se assim o considerar, concederão o V PRÉMIO do IX FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2026, que consistirá na estreia da peça. É importante assinalar que, uma vez (re)presentados os projectos, o júri pode considerar que nenhum deles reúne as características ou condições necessárias e, portanto, deixar o prémio deserto.

O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para uma breve análise, debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.

No breve debate posterior às presentações procura-se conhecer a reacção do público, num diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em andamento.

As (re)presentações fazer-se-ão no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais acaído. Privilegiar-se-ão as apresentações que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.

Embora o nome deste evento é “Festival”, não possuímos as infraestruturas nem a capacidade de produção de um festival de artes cénicas ao uso. Neste caso trata-se de um espaço diáfano, com uma luz geral e com mínimas possibilidades no que atinge a equipamento técnico. Também não há tramóias nem pessoal técnico ao serviço das (re)presentações dos projectos. Portanto, é preciso que as/os criadoras/es mostrem o seu trabalho, ou o rascunho do seu trabalho, dentro das suas próprias capacidades para fazê-lo.

Condições:

– Atribui-se um orçamento total de 500 euros para cada projecto seleccionado desde a Galiza e 600 euros para cada projecto seleccionado desde Portugal, onde se entendem incluídos todos os custos (deslocamentos, etc.)

– O prazo para a apresentação de propostas: 25 de setembro de 2026.

– A selecção dos projectos será realizada por parte da organização (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Secção de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalia de Castro da Corunha; e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo) em função de:

+ Descrição e formulação do projecto.
+ Breve mostra da peça.
+ Currículo das/os dramaturgas/os.

Estes materiais deverão ser enviados em formato digital, a oficina@aelg.org antes das 24 horas do 25 de setembro de 2026.

– As/os criadoras/es seleccionadas/os para (re)presentarem os seus projectos cénicos devem comprometer-se a estarem presentes durante toda a jornada que dura o Festival (dentro da XI Xornada da Sección de Literatura Dramática 2026, o domingo 25 de outubro de 2026, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente) e participarem nos debates dos projectos (re)presentados pelas/os suas/seus colegas, de tal modo que possam, ao final da jornada, emitirem o voto correspondente para o V Prémio do IX Festival Peças de um Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal.

V PRÉMIO DO IX FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2026

Para além do orçamento atribuído a cada proposta para a sua (re)presentação no IX Festival Peças de um Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal, um comité, formado pelo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía Castro da Corunha, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Português em Vigo, e, se assim o considerar, a pessoa convidada de honra, e contando com os votos das/os criadoras/es participantes, seleccionaram propostas para oferecer-lhe a possibilidade de ser estreada. O júri também poderia decidir deixar o prémio deserto de os projectos (re)presentados não reunirem as características e condições necessárias.


Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

 

Compostela: última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa

O sábado 1 de agosto, desde as 12:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, terá lugar a última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa, nunha iniciativa da AELG que contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela. No acto terá lugar a lectura de varios textos creados polas persoas participantes no Observatorio. Haberá acceso libre, até completar a capacidade do local, para quen queira estar entre o público.

Sinatura do acordo de colaboración entre a AELG e a Fundación Curros Enríquez

O 21 de xullo, ás 12.30 h., en Celanova, na Casa dos Poetas, asinouse o acordo marco de colaboración entre a AELG e a Fundación Curros Enríquez.
O acto de sinatura correu a cargo de Antonio Puga Rodríguez -alcalde de Celanova e presidente da fundación- e Cesáreo Sánchez Iglesias -presidente da AELG-.
O cometido do dito acordo responde ao interese común de ambas as entidades por establecer liñas de cooperación en prol do espallamento da lingua e da cultura galega.
Para tal efecto outórgaselle unha importancia especial ao coñecemento e á visibilización da obra dos/as escritores/as galegos/as, facendo especial incidencia na dos autores/as da área de Celanova.
Xa que logo realizaranse actividades de forma conxunta, co gallo de fomentar o intercambio de experiencias nos eidos da lingua e da literatura galegas. Así, contémplase a realización de conferencias, obradoiros, seminarios, presentacións de libros, itinerarios culturais, rutas literarias e o desenvolvemento en todo tipo de proxectos culturais que poidan ser de interese común.
A sinatura contempla a constitución dunha comisión mixta -que se reunirá de xeito periódico-, que será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas do acordo marco e será o órgano que resolva todas as cuestións relacionadas.
A comisión mixta estará integrada polos seguintes membros: por parte da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente) e Xoán Carlos Domínguez Alberte (vogal por Ourense); por parte da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez (presidente), Antonio Piñeiro Feijóo (secretario) e Paula Conde Lengua (directora da Casa dos Poetas).

Crónica fotográfica do Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins, celebrado o pasado 21 de xuño. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins

O Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Esta proposta pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

No presente roteiro, en palabras da autora, “faremos um passeio imaginário pola tradição oral e a sua diversidade: cantos, lendas e contos”.

Terá lugar o domingo 21 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a Praza de Santa Bárbara. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.

Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía, con Estíbaliz Espinosa

O Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía, a cargo de Estíbaliz Espinosa, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

– O Observatorio de ideas e textos de ltieratura e astronomía (no ano da Eclipse total na Galiza) ofrece un espazo para mirar, ler en voz alta, escoitar música, debater, crear, preguntar e entender a mecánica celeste e a literatura.

– O fío condutor é a eclipse, desde os mitos solares, a historia da astronomía e da poesía cósmica, até a relación entre imaxinación científica e literatura.

Hai un intre en que o sol desaparece en pleno día. O ceo escurece, as estrelas case están por saír de súpeto, os paxaros calan. Dura uns brevísimos minutos. E nese silencio absoluto, a linguaxe humana -a ciencia, a poesía, a música- revela a súa orixe máis fonda: o asombro.
E na sombra que nos asombra sempre, non somos neste lugar do mundo, as galegas e galegos, un pouco fillas rosalianas do asombro?
O Observatorio de Ideas e Textos de Literatura e Astronomía nace dese asombro compartido. No ano en que Galiza acolle unha eclipse total de sol -fenómeno que non se repetirá sobre este territorio en xeracións-, propoñemos un ciclo de
encontros que exploren a fronteira entre dúas formas de mirar o universo: a científica e a poética. Dúas formas que, máis que opostas, son complementarias e, con frecuencia, inseparables e nas que levo investigando e creando varios anos.
Desde Safo de Lesbos e Hiparco de Nicea até Antonia Ferrín e Ramón María Aller, e desde o tapiz palindrómico de seda de Su Hui até Wisława Szymborska, desde as táboas babilónicas até os versos de Emily Dickinson, Rosalía ou Luísa Villalta (todo un triángulo de verán) os seres humanos non deixamos de alzar os ollos e de arredondar eses 360º en linguaxe lírica.
A astronomía, a máis antiga das ciencias, e a literatura, non a máis antiga das artes, nacen dun mesmo xesto primitivo: poñer nome ao que nos sobrecolle, ao que reborda de nós.

– Terá 8 sesións de 3 horas.

– Hai un total de 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.  Esta inscrición refírese ao conxunto das sesións, que terán carácter sucesivo. Agora mesmo están as prazas cubertas.

– O calendario de días, horas e emprazamentos é o seguinte:

En Zona C. Punto de Información Cultural (Rúa Preguntoiro, nº 1, Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.
– Sábado 13 de xuño, de 11:00 a 14:00
– Sábado 20 de xuño, de 11:00 a 14:00
– Mércores 8 de xullo, de 16:00 a 19:00
– Sábado 11 de xullo, de 11:00 a 14:00
– Mércores 15 de xullo, de 16:00 a 19:00
– Sábado 18 de xullo, de 11:00 a 14:00

No Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Avenida das Ciencias. Campus Vida), en Santiago.
– Mércores 22 de xullo de 19:30 a 22:30

Na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, baixo), en Santiago.
– Sábado 1 de agosto de 11:00 a 14:00

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Crónica fotográfica do Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, con Carme Fernández Pérez-Sanjulián

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, con Carme Fernández Pérez-Sanjulián, celebrado o pasado 24 de maio. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.