A inauguración terá lugar o venres 5 de febreiro ás 20:00 horas.
Arquivo da categoría: Arte
Escenas do Cambio, entrevista a Antía Otero
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista con Antía Otero arredor da proposta Escenas do Cambio. A entrevista completa pode verse aquí.”
A Coruña: presentación de Elas, de Aurora Marco
Vilalba: recital poético e presentación de obras de Xoán Xosé Fernández Abella
O
2 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase Poemas de amor, loanza, condena e outros e Guardad mi voz, de Xoán Xosé Fernández Abella. No acto, presentado por Mario Paz González, recitarán, xunto ao autor, Pilar Sampedro e Xulio Xiz. Ao mesmo tempo, preséntase unha exposición pictórica de Baldo Ramos, quen recitará algúns poemas de Xoán Xosé Fernández Abella, e cantarán cadanseu poema deste autor Miro Casabella e Manoele de Felisa.
A Coruña: presentación de Liberdade
O
sábado 26 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12), na Coruña, preséntase o obxecto-libro Liberdade, ideado polo Grupo Surrealista Galego e creado artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Éluard, traducido por Xoán Abeleira. Con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.
A Coruña: VI Día Lugrís, o sábado 19 de decembro
Compostela: inauguración da exposición Os ollos das palabras e recital poético de Baldo Ramos
A Coruña: inauguración da exposición A fronteira infinda, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez
Artes (Ribeira): Encontro de Creadoras no Barbanza 2015
Sada: recital poético na inauguración da exposición Atlántico
O
xoves 5 de novembro, ás 20:30 horas, na Capela de San Roque (Sada), dentro da inauguración da exposición Atlántico, de Miguel Melero, tera lugar un recital poético coa participación de Óscar de Souto e María Xestal.





