O venres
17 de decembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a cuarta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Antía Otero, Chelo Suárez, Eduardo Estévez e María Lado, en paralelo á música de Manu Clavijo e a creación pictórica de Manoel Bonabal.
Arquivo da categoría: Arte
Espiral Maior entra na colección de obras prezadas
(Galicia Hoxe, tamén noutro artigo posterior)
Santiago: Poesía Suspensa, mostra poética e pictórica
Do
venres 3 de decembro ao domingo 30 de xaneiro, na Zona C (San Domingos de Bonaval, s/n.) de Santiago de Compostela, pódese visitar a mostra poética e pictórica Poesía Suspensa, comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares. O proxecto aspira a seducir cara o pensamento que emana das 52 pezas poéticas doutros tantos autores, así como dos cadros e ilustracións levadas a cabo polos pintores Xurxo Gómez-Chao, Isabel Pintado e Fidel Vidal, que acompañan os textos e embelecen os espazos dispostos para tal fin. A voz de autores como Lêdo Ivo, José Emilio Pacheco, Billy Collins, Yves Bonnefoy, Úrsula Heinze, Xohana Torres ou Gioconda Belli, entre outros moitos conforman esta escolma. Cada poema, exposto no seu idioma orixinal, vén acompañado da súa tradución ao galego, agás no caso daqueles redactados orixinariamente en castelán ou portugués. A proposta, co apoio de Política Lingüística, do Departamento Territorial de Cultura da Xunta na Coruña, do Concello de Santiago e o Xacobeo, emerxe do homónimo libro, publicado por Luciano Rodríguez coa participación de Miguel Anxo Fernán Vello e a colaboración do Pen Clube Galicia, en Espiral Maior. A inauguración terá lugar venres 3 de decembro a partir das 20:00 horas.
Vigo: II edición de A hostia en verso, recital con poesía, música e pintura
O venres 19 de novembro, a partir das 21:30 h., na Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21) de Vigo, celebrarase a segunda edición de A hostia en verso, un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, David Rodríguez, Lara do Ar, Miguel Valverde e Xabi Xardón, ou o que é o mesmo: poetas montañeses VS. poetas pescos! O acto estará presentado polas tamén poetas Lucía Aldao e María Lado e contará coa intervención musical de Mr. Carácter. Para máis, a pintora María Longa fará unha intervención en directo.
A Coruña: III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo
O venres
19 de novembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.
A Coruña: II Encontros Milpedras, recital de poesía, música e pintura en directo
O venres
29 de outubro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras da Coruña, desenvólvese a segunda edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Begoña Paz, Dores Tembrás, Luís Mazás e Iolanda Aldrei, en paralelo á música de César Morán e a creación plástica de Nando Lestón.
Vigo: Certame de Arte Postal SaudArte 2010
A U
niversidade de Vigo, por medio da Unidade de Cultura Científica e o Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública MP1, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de Arte Postal coa saúde e a arte como fío condutor, SaudArte 2010, no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras poidan ser enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade, e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel fundamental. As bases da convocatoria e un cuestionario sobre hábitos saudables están dispoñibles na web de Saudarte 2010. O prazo finaliza o 31 de outubro de 2010.
Vigo: recital A hostia en verso, con poesía, música e artes plásticas
O
sábado 25 de setembro, ás 21:30 horas, terá lugar no Café Golem (Churruca, Vigo) un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, Laura Sáez, David Rodríguez, Lara do Are e Miguel Valverde, baixo o nome de A hostia en verso. O acto será unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado. Contarán tamén coa intervención musical do Leo i Arremecághona, e a das artistas plásticas Antía Sánchez e María Longa, que realizarán senllas obras en directo. Haberá tamén ricos e gratuítos petiscos para o público asistente, que se verá reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen este singular combate.
Gondomar: presentación da exposición Material metáfora, de Pepe Cáccamo
O venres 10
de setembro, ás 20:30 h., na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida do Campo da Feira, 10, baixo) de Gondomar, inaugúrase a exposición Material metáfora, de Pepe Cáccamo, que permanecerá aberta entre o 10 de setembro e o 20 de outubro, podendo ser visitada os días laborables entre as 18:00 e as 20:00 h.
En palabras do propio autor, “Material Metáfora é un texto obxectual, un libro de poemas en tres dimensións, un volume antolóxico (unha antoloxía de ideas dotadas de volume) que pretende dar corpo a un conxunto teimoso de analoxías pertencentes ao campo semántico da luz, á textualidade impresa dos libros literalmente abertos, aos alfabetos da cor, á gramática das identidades antropomórficas… Son obxectos procedentes ás veces dunha incitación discursiva, dun pre-texto verbal. Noutras ocasións foi o diálogo dos corpos físicos, o parentesco de proximidade entre significados visuais, a clave organizativa da analoxía conceptual. Metáforas, símbolos, imaxes visionarias, alegorías, símiles … os recursos retóricos cos que se construíron os poemas deste volume pertencen ao campo dos chamados procedementos imaxinativos. Son os tropos da retórica literaria (clásica, moderna e contemporánea) que eu quixen trasladar ao espazo tridimensional. Alén da madeira, o ferro, o cristal ou o papel, o material básico destes obxectos é a Metáfora, ese invento, esa substancia prodixiosa que nos permite entregar vida acústica e visual ao diálogo de identidades que labran o texto do mundo.”
Vídeo do I Encontro Milpedras, en xullo do 2010 na Coruña
Este é o vídeo do recital de poesía, música e pintura, I Encontro en Milpedras, acontecido o 23 de xullo deste ano na Coruña:
Desde O Levantador de minas.