A AELG nomea como Membros de Honra as autoras e autores da Asociación de Escritores de Galicia de 1936

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou nomear como Membros de Honra da AELG as autoras e autores que formaron parte da Asociación de Escritores de Galicia constituída en marzo de 1936, coa presenza, entre outros nomes, de Fermín Bouza Brey, Manuel García Barros, Aquilino Iglesia Alvariño, Gonzalo López Abente, Ramón Otero Pedrayo ou Xaime Quintanilla, e que viu anulada a súa actividade e proxección debido á Guerra Civil e a posterior represión franquista.

Deste xeito, reivindicamos o inmenso labor feito para a valoración da literatura galega xa desde aquel tempo, onde se continuaron tecendo os camiños que nos permitiron chegar até hoxe.

Polafía en Chantada. Memorias do Entroido ribeirao e demais contos

A Polafía en Chantada, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral, coa subvención da Deputación de Lugo e o apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), trae como título, neste 2025, Memorias do Entroido ribeirao e demais contos.

Terá lugar o sábado 15 de novembro, a partir das 17:00 horas, no Local veciñal de Santiago de Arriba, en Chantada, con entrada libre até completar capacidade.

Contará coas intervencións de: Juan Carlos e Marisé, Xosé Manuel Seixas, Xosé Figueiredo e demais veciñas e veciños da contorna. Haberá acompañamento musical con dous gaiteiros.

A coordinación e divulgación corre a cargo de Branca Villares e Xosé Manuel Seixas.

Obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, con Daniel Asorey

O Obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, impartido por Daniel Asorey, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

– Exploraremos a cidade como espazo literario e simbólico.
– Fomentaremos a escrita creativa a partir da observación urbana.
– Descubriremos as “cidades ocultas” que se agochan dentro de Santiago (memoria, emoción, lenda, soños, utopía, abandono…).
– Crearemos textos literarios inspirados na cidade.

– Terá 4 sesións de 2 horas e media cada unha.

– Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

– O obradoiro desenvolverase en Zona C. Punto de Información Cultural (Rúa Preguntoiro, nº 1, Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.

Calendario

Martes 18 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.
Sábado 22 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.
Martes 25 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.
Sábado 29 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Crónica fotográfica do Roteiro Illas. Faros. Nortes. A Coruña de Askja, con Antonio M. Fraga (A Coruña, 25 de outubro)

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Illas. Faros. Nortes. A Coruña de Askja, guiado por Antonio M. Fraga, celebrado o pasado 25 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

O autor fala da súa obra: entrevista longa a Vicente Araguas

Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a Vicente Araguas.

Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (IV)

O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a cuarta parte:

Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval:

Acto de clausura:

Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (III)

O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a terceira parte:

Mesa redonda sobre literatura de tradición oral:

Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (II)

O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a segunda parte:

Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas:

Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (I)

O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte:

Apertura do Encontro Galeusca:

Relatorio inaugural, por Goizalde Landabaso (EIE). A versión en galego do relatorio de Goizalde Landabaso pode descargarse aquí:

Acto aberto de reflexión sobre Galeusca:

Compostela: “Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano”, con Raquel Castro, o 4 de novembro

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

O 4 de novembro terá lugar este encontro:

Santiago. O 4 de novembro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano, por Raquel Castro, presentada por Marta Neira Rodríguez.

Nos dous casos, a entrada será libre até completar a capacidade.

A AELG colabora con esta actividade da Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.