Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O escritor Nacho Taibo recibiu o sábado o premio O escritor na súa Terra, que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A Nacho Taibo levárono para Madrid vinte días antes de nacer en 1949. Pero os veráns que pasaba na Coruña e as obras completas de Rosalía acabáronlle revelando o amor á terra e o idioma galego que levaba dentro. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Audiovisual
Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros 2018 para o 22 de xuño
O
22 de xuño comeza a Festa dos Libros 2018, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:
– 12:30 h. “Pontevedra si ten quen lle escriba”. Rafael L. Torre, Rafael Fontoira Surís e Xosé Fortes. ESCENARIO. Presenta Miguel Ángel Rodríguez.
– 12:30 h. Blanca Millán, Lola e as 21 vacas. Editorial Triqueta verde. La Nube de Papel.
– 12:30 h. Loli Veloso, Siro cos nenos; Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nenos; Isaac Díaz Pardo para as nenas e os nenos galegos. Beneficios da venda destes libros destinados á investigación do cancro en pro da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e apoio a crianzas de Nicaragua. Clip.
– 13:30 h. Rosa Espiñeira, Elerre e Marta Purriños, Certezas alumeadas de Luís Seoane. Figurandorecuerdo(s)Edicións. ESCENARIO.
– 13:30 h. Rafael Fontoira Surís, Xan do Arrabaldo. Edicións Laiovento. Paz.
– 18:30 h. Adrián Morgade, Xinfu na maldición guauchuky. Xerais. Aviones de papel.
– 18:30 h. Elerre, STOP. Figurandorecuerdo(s)Edicións. Metáfora.
– 19:00 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. ESCENARIO. Presenta Manuel Bragado.
– 19:30 h. Montse Fajardo, Invisibles. Luna Nueva.
– 19:30 h. Montse Pena, A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida de Xerais e Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia de Laiovento. Libraría Paz.
– 20:00 h. Poesía e edición. Galicia e Portugal. Genaro da Silva, Antón Blanco Casás, António Sá Gué, da editorial Lema d’Origem e César Lorenzo Gil. Aira Editorial (Allariz). ESCENARIO.
– 20:00 h. Carlos Taboada, A biblioteca de Pedrarcana. Xerais. Espazo Lector Nobel.
– 20:15 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. Libraría Paz.
– 21:00 h. Mesa redonda sobre María Victoria Moreno. Interveñen Eli Ríos, Fina Casalderrey, Montse Pena, Xavier Senín, Montse Fajardo e Ánxela Gracián. Modera Manuel Bragado. ESCENARIO.
– 22:00 h. Proxección do documental. María Victoria Moreno. Galega por amor. ESCENARIO.
– 22:00 h. Fina Casalderrey, A muller que durmía pouco e soñaba moito. Xerais. Seijas.
Vídeo da presentación de Á deriva, de Henrique Dacosta, en Vigo
Vídeo da presentación de Rebeldía galega contra a inxustiza en Vigo
A Coruña: Seminario de Memoria Histórica, os 27 e 28 de xuño
Compostela: Galego, porta aberta para o mundo, do 26 ao 29 de xuño

A inscrición debe facerse antes do 15 de xuño aquí.
Booktrailer de O exército de fume, de Manuel Gago
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 8 de xuño
O
8 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 18:30 h. Chan da Pólvora. «Poesía en Acción», con Estela Pan. Diálogo interdisciplinar para abrir un espazo de encontro no que o verso acada unha materialidade distinta á do trazo clásico no papel.
– 18:30 h. Xandobela. Navegando entre papel e contos. Contos e obradoiros. Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores… Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.
– 19:00 h. Mesa debate. Irmás Cartoné. «A tradución, factor normalizador para o sistema literario galego». Con Patricia Buján Otero, de Catro Ventos Editora; Laura Sáez, de Patasdepeixe; Celia Recarey, de Irmás Cartoné.
– 20:00 h. Paseo literario Scórpio. de Ricardo Carvalho Calero. Paseo que rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través da súa novela Scórpio. As persoas asistentes percorrerán espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra. ▸ Inicio: Casa do escritor. Carreira do Conde, 4.
– 20:00 h. Encontro co poeta Antonio Gamoneda. Conducido por Claudio Rodríguez Fer.
– 21:30 h. Off SELIC. Elías Knörr. Recital ao redor dos poemas de O xardín de atrás – Bakgarðurinn traducidos ao galego en O marinheiro con cabalos matutinos baixo o vestido.
– 22:30 h. Proxección de Contrafaces de Antón Cortizo. Centrado na voz poética de Knörr. En colaboración coa MICE. ▸ Teatro Principal.
Vídeo da presentación de Cervatos, de Lucía Novas, en Vigo
Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 7 de xuño
O
7 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 18:00 h. Chan da Pólvora. Não tenho culpa de viver. Teresa Moure presentará Não tenho culpa de viver, na que traduce ao galego os poemas de Ana Brouwer para a colección «Malaca de fóra».
– 18:30 h. Mesa debate. «Sepáranos tanto o que nos une». Unha mesa temática con dous escritores portugueses, Rui Zink e Marta Bernardes, e dous escritores galegos, Suso de Toro e Teresa Moure, moderado por Carlos Quiroga. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.
– 19:30 h. Palabras Vivas. «Voces poéticas en feminino». Lectura dramatizada de poesías de autoras galegas sobre unha base musical, acompañada dunha proxección de imaxes ilustrativas con Elisa Barreiro, Marina Nieto e Fortunato Rodríguez.
– 19:30 h. Paseo literario Fermín Bouza Brey, con Antón Lopo. O paseo cínguese á ruta que debeu seguir Fermín Bouza Brey en Compostela despois de ser expulsado da xudicatura a primeiros dos anos cincuenta. En colaboración coa AELG. ▸ Inicio: Rúa do Vilar, 43.

