Entrevistas e reportaxes destacadas do Diario Cultural da Radio Galega, do 21 ao 25 de outubro

Deixamos aquí as ligazóns ás máis destacadas entrevistas e reportaxes da semana do 21 ao 25 de outubro no Diario Cultural da Radio Galega relacionadas coa literatura. Agradecemos a Ana Romaní a información:

– Entrevista con Cesáreo Sánchez Iglesias arredor do Galeusca 2013.
Premios da Crítica Galicia 2013.
O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba no comentario semanal de crítica literaria con Chus Nogueira.
– Entrevista con Darío Xohán Cabana, homenaxeado en Lugo pola Asociación de tradutores galegos.
– Reportaxe do Día Mundial das Bibliotecas.
De cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI: Manuel Darriba.
– Entrevista con Antón Riveiro Coello pola presentación do novo libro Acordes náufragos.

Propostas de actividades arredor da figura de Barriga Verde, pola Asociación Cultural Morreu o Demo

A Asociación Cultural Morreu o Demo presenta a súa oferta de actividades para recuperar a memoria de Barriga Verde. Charlas, proxeccións, obradoiros e unha exposición están dispoñibles para centros de ensino, bibliotecas e todo tipo de espazos culturais.
O catálogo pódese consultar nesta ligazón, ou descargarse aquí: Catálogo Barriga Verde 2013_14.

Vídeo poema de Iolanda Gomis entre os 12 seleccionados na Mostra Londrix 2013 Vídeo-Poema

Filha das acácias, de Iolanda Gomis, é un novo vídeo poema galego seleccionado na Mostra Londrix 2013 Vídeo-Poema na cidade de Londrina, no Paraná, Brasil.
Un Vídeo poema que desexa ser un canto á comunicación entre Galiza e Brasil como espazos próximos na lingua e na cultura. Un canto á comunicación entre pobos desde unha perspectiva inmersa na identidade galega voltada para a súa universalización.
O grupo que creou o vídeo poema conta con participantes de Brasil e Arxentina.
Esta é a ligazón para entrar na votación. Para votar desde a Galiza é necesario marcar a opción Não sou brasileiro.

Entrevistas e reportaxes destacadas do Diario Cultural da Radio Galega, do 14 ao 18 de outubro

Deixamos aquí as ligazóns ás máis destacadas entrevistas e reportaxes da semana do 14 ao 18 de outubro no Diario Cultural da Radio Galega relacionadas coa literatura. Agradecemos a Ana Romaní a información:

– Obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador.
– Publícase o primeiro tomo da Historia da literatura galega.
– Crítica literaria de Chus Nogueira / Ningún precipicio, de Olalla Cociña.
– Páxina de narrativa desta semana: O corazón da Branca de neve, de Francisco Castro.
María Reimóndez presenta tres novos poemarios.
– Páxina de poesía desta semana: A guerra, de María do Cebreiro e Daniel Salgado.
– De Cantares hoxe. Susana Sánchez Arins.
– De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI.

Carballo: inauguración da exposición do III Enarborar o bosque, con poesía, música e proxección audiovisual