O
mércores 18 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca do CPI Xosé Pichel de Coristanco, Mercedes Queixas presenta Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, publicado por Galaxia, dentro dos actos da Primavera Cultural do Concello de Coristanco, nunha conversa guiada por Xan Fernández Carrera.
Arquivo da categoría: Coloquios
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19
O
xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
– 20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.
Padova e Perugia, Italia: encontros literarios con María do Cebreiro
O luns 16 de maio, ás 14:30 horas, na Universidade de Padova, en Italia, María do Cebreiro participará nunha charla sobre a poesía galega.
E o martes 17 de maio, en Perugia:
Lugo: A propósito de Manuel María, proxección de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra e faladoiro con Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana
Vilagarcía de Arousa: presentación de Negruña, de Xosé Duncan, e coloquio sobre “Fantasía e ciencia ficción na literatura galega actual”
Viveiro: charla-coloquio sobre Manuel María, con Xoán Neira e Xosé Lois García
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro homenaxea a Manuel María, o venres 13 de maio, ás oito da tarde, no salón multiusos do Concello, cunha charla-coloquio do escritor e amigo seu Xosé Lois García. Seguidamente o propio Xosé Lois García e Xoán Neira recitarán poemas do autor chairego.
O acto, presentado por Carlos Nuevo, rematará coa actuación do coro do Colexio Lois Tobío que, dirixido por Manuel Rodríguez, interpretará pezas (O cuco, O carro… ) do poeta de Outeiro de Rei.
Pontevedra: Camiño aberto. 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey 1916-2016
A Coruña: encontro literario con Miguel Mato Fondo sobre a obra de Manuel María
Vigo: mesa redonda-coloquio Manuel María. Fanegas de corazón, alma de poeta
Compostela: actos destacados do sábado 7 e domingo 8 na Feira do Libro
O
domingo 8 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Lateral da Alameda, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o sábado e domingo:
Sábado 7
– 12:00 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario. No acto, a autora estará acompañada por Antía Otero (Apiario) e Irma Amado (Numax).
– 20:00 h. Encontro de fantasía galega: presentación dos libros Negruña, de Xosé Duncan, e Da Fría e Distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola. Posteriormente terá lugar unha charla co(a)s autoras e autores do novo volume da revista Contos Estraños.
Domingo 8:
– 19:00 h. Presentación da obra gañadora do I Premio de Literatura Fantástica Antón Risco, Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Urco. Con Tomás González Ahola.
– 20:00 h. Presentación de Xuventude Imbécil, de Xesús Estalote Maroño, Nuno García Pico e Brais Pedreira, publicado por Artgeruts.








