Arquivo da categoría: Coloquios
Compostela: Le Comigo 2025
Gondomar: faladoiro “Galicia, un país desnortado e minguante”, con Albino Prada
Escritora Galega Universal 2025: Shahd Wadi
O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Shahd Wadi, escritora palestina, como Escritora Galega Universal en 2025, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da alta calidade da súa obra, así como por defender a dignidade nacional de Palestina e os dereitos individuais e colectivos da súa poboación, nomeadamente desde perspectivas feministas.
Poeta e tamén autora do libro Corpos na trouxa: histórias-artísticas-de-vida de mulheres palestinianas no exílio (2017), aborda, na súa investigación, as narrativas artísticas no contexto da ocupación israelita da Palestina e considera as artes un testemuño de vidas, tamén da súa.
Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira, Ana Luísa Amaral, Lydia Cacho e Joseba Sarrionandia.
A autora recollerá o seu Premio Honorífico como Escritora Galego Universal, no marco da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025, que terá lugar en Santiago de Compostela.
O mesmo sábado 26 de abril, ás 11:30 horas, no Salón Rahid da Fundación Araguaney (Rúa Montero Ríos, 27), en Santiago, terá lugar un coloquio e recital da autora, coa presenza de Cesáreo Sánchez Iglesias e Beatriz Maceda Abeleira, presidente e vicepresidenta da AELG. A entrada será libre até completar capacidade.
Lugo e Pontevedra: presentacións de Outroutro, de Jesús Castro Yáñez
A Coruña: encontros literarios do clube de lectura da UDC Nébeda, con Ánxela Lema París
O 24 de abril, ás 16:00 horas, na Sala Xoana Torres da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Ànxela Lema París, doutora e profesora na Facultade de Filoloxía da UDC, participará nos encontros literarios do club de lectura Nébeda da UDC. Falará de identidades non hexemónicas, das alianzas entre o capitalismo e as monogamias, de maternidades non-monógamas e de moito máis, da man dunha das coordinadoras do libro O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias.