A Coruña: “Prisciliano na literatura, na pintura, as artes gráficas e o cinema”, por Victorino Pérez Prieto

O xoves 8 de xuño, ás 19:30 horas,, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Victorino Pérez Prieto falará sobre “Prisciliano na literatura, na pintura, as artes gráficas e o cinema”. Prisciliano tivo un grande eco na literatura e as artes, sobre todo na Galiza. Nesta palestra Victorino Pérez Prieto vai falar da presenza do noso grande persoeiro no teatro, a poesía e a novela; tamén na pintura, nas artes gráficas e no cinema, no que se frustraron os mellores proxectos. As persoas interesadas poden reservar praza enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com

A Coruña: homenaxe a Manuel Murguía

A Coruña: “Urbano Lugrís. A chamada do mar”, con Antón Patiño

O 31 de maio, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Antón Patiño ofrece a palestra “Urbano Lugrís. A chamada do mar”. Nela fará un percorrido pola vida e obra de Urbano Lugrís nas súas diferentes achegas creativas. As persoas interesadas poden reservar praza no correo electrónico acab@mundo-r.com

A Coruña: palestra “No ronsel de Seoane: a recreación da Galicia medieval en Na brétema, Sant-Iago“, con Jorge Carril Espido

O 18 de maio, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Jorge Carril Espido ofrecerá unha palestra baixo o título “No ronsel de Seoane: a recreación da Galicia medieval en Na brétema, Sant-Iago“. A palestra fai parte do Ciclo Aula Aberta que realizamos en colaboración coa Universidade da Coruña. Nela, Jorge Carril centrarase no medievalismo de Seoane, concretamente a súa recreación no seu segundo libro de poemas en galego: Na brétema, Sant-Iago. As persoas interesadas poden anotarse aquí.