O
domingo 28 de setembro, ás 18:00 horas, na Arca de Noe (Rúa do Forno, 13), Vilar de Santos, Ugia Pedreira e Marina Oural actuarán coa súa performance poético-musical Unha faba, unha vida, espectáculo de poesía, música e danza.
Arquivo da categoría: Danza
A Coruña: Lúas de Outono 2014, homenaxe a Manuel María, o martes 16 de setembro
Comezou a rodaxe de Crac, de Lázaro Louzao, baseada na obra homónima de Gonzalo Hermo
Comezou
esta semana a en Bilboarte a rodaxe de Crac, dirixida por Lázaro Louzao, unha peza de experimentación video-poética baseada na obra poética co mesmo nome de Gonzalo Hermo. As relacións afectivas, o propio eu, a identidade, o lugar que ocupamos, a relación-confrontación entre corpo e espazo plásmanse nunha peza onde a danza, a performance e a poesía constrúen o diálogo.
Ramil, Agolada: I Feira das Artes e das Letras para a Terra
Compostela: Implícate 2014
Santiago e Gondomar: Todo roto, con I. A. R. Legido e Xelís de Toro
Campaña de crowdfunding para Implícate! Noite de música e palabra solidaria, que terá lugar o 12 de xaneiro de 2014
Está
xa na rede a campaña de crowdfunding para a celebración da edición de 2014 de Implícate! Noite de música e palabra solidaria, organizada por Implicadas no Desenvolvemento.
– Data: Domingo, 12 de xaneiro de 2014. Ás 20:30 horas.
– Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22).
– Presentan: A poeta Yolanda Castaño e o actor Luís Tosar.
– Organiza: A ONG galega Implicadas/os No Desenvolvemento.
Obxectivos do festival:
O obxectivo do Implícate! Noite de música e palabra solidaria, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de Implicadas.
Esta iniciativa lévase a cabo dende o ano 2006 en colaboración co Concello de Santiago, co Teatro do Morcego e con outras organizacións e institucións galegas. Dende o 2007 celébrase sempre no Teatro Principal de Santiago de Compostela e conta coa colaboración desinteresada dos artistas así como dos presentadores do festival. Consulta un vídeo resumo do festival Implícate! no 2013.
Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións dos artistas galegos e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo en comunidades do Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza no ámbito galego.
Este ano o cartel do Implícate! Noite de música e palabra solidaria está formado por:
– MÚSICA:
Najla Shami.
Doa.
Ataque Escampe.
– DANZA
Druída Danza.
– LITERATURA
Olga Novo.
Cesáreo Sánchez.
Elvira Riveiro.
Daniel Salgado.
– TEATRO
Camila Bossa e Iolanda Muíños.
David Perdomo.
Lugo: actividades destacadas dos días 16 e 17 na Feira do Libro
A
Feira do Libro de Lugo continúa as súas actividades (na Praza Maior, de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados nestes dous días:
Xoves 16
– 19:00 h. Presentación do libro+cd+dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela, Pilar Sampil e Javier Jurado, publicado por Galaxia. Participarán no acto Francisco Castro e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.
– 20:00 h. Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros, publicado por Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, Xosé Cermeño e Francisco Castro, representante da editorial.
Mércores 17
– 18:00 h. Festa poética Xistral. Recitado de poemas e lecturas de Roberto Vidal Bolaño a cargo de poetas colaboradores da revista Xistral e outros poetas lugueses. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello, co acompañamento musical de zanfona, a cargo de Mini.
– 18:00 h. Actividade infantil. Ana Carreira representa Touporroutou, baseado na obra de teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño.
– 19:00 h. O escritor Antonio Reigosa, presenta o seu libro O aprendiz de home do saco, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
– 20:00 h. Presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, do escritor Ramón Nicolás, publicado por Xerais. Participarán no acto Luís Ferreiro, fillo do escritor, María Reimóndez, Manuel Bragado e o autor do libro.





