Entrevista de César Lorenzo Gil a Henrique Monteagudo en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Moitas voces consideran que o 17 de Maio, así con maiúsculas, perdeu o seu sentido.
– Henrique Monteagudo (HM): Se a cultura galega xira ao redor do 17 de Maio mal estamos. Esa data, esa festa, a decisión de homenaxear a tal autora ou autor non é o centro de nada; é unha celebración importante dentro dun calendario cultural moi amplo e variado. Eu, persoalmente, durante moitos anos, vivín este día sen especial paixón.
Para que serve o Día das Letras? Por unha banda para pór baixo o foco dos estudosos unha figura relevante e o seu contexto histórico. E segundo, para que a escola e, ao seu redor, a sociedade en xeral, atenda nunha determinada data a nosa propia cultura. Iso é o que é, nin máis nin menos. Mentres moita xente pasa o tempo en pedir que se acabe co 17 de Maio, eu reivindícoa porque é unha festa orixinal e, afortunadamente, xa arraigada nas nosas tradicións. E ambas as cousas son moi difíciles: en Galicia unha festa laica e relacionada coa cultura? Pensemos en que outras festas celebramos! E pensemos tamén en que outros lugares gustarían de ter unha oportunidade coma esta. Cando falo con amizades vascas ou catalás, non alcanzan a entender como puidemos conseguir algo así, algo que eles non teñen nin se ven capaces de replicar. Pero insisto, non é o epicentro de nada, non hai que darlle ningunha solemnidade nin nomealo símbolo de ningunha cousa. (…)
– B: Hai quen considera que a RAG boicotea o espírito da normativa de consenso, especialmente na filosofía de tomar o portugués como fonte limpa para a creación de léxico.
– HM: A RAG é un reflexo da sociedade. E pode ser que haxa dentro dela opinións contrarias a esa filosofía. Non é o meu caso. Eu coido que o galego debería abrirse, de maneira franca, ao portugués, en especial no tema dos neoloxismos, máis concretamente no vocabulario relativo ás novas tecnoloxías. (…)
– B: Cal é a súa postura na adopción de léxico para a lingua galega?
– HM: Defínome como moderadamente purista. Coido que hai que protexer o idioma dunha asimilación co castelán pero que hai que ter a mente aberta. Unha lingua é unha creación colectiva moi complexa e se está viva, non se pode acoutar con fórmulas simplistas. A primeira obriga dos estudosos do galego é dotármonos dun modelo culto de referencia, dunha lingua estándar baseada na expresividade, na elegancia e na riqueza. E a partir de aí sermos flexibles. A lingua ten moitos rexistros e dependendo de cal usemos imos empregar unha lingua ou outra. Non se empregan a mesma sintaxe e o mesmo léxico nunha conversa coloquial ca nunha instancia oficial, por exemplo. (…)
– B: Rexina Vega afirmaba nunha recente entrevista en Biosbardia que a produción crítica académica se “deslocalizara” porque os baremos de cualificación universitaria valoraban publicacións de fóra. Vostede dirixe, xunto con Vítor Freixanes, a revista Grial. Non podería competir esa publicación por ser portavoz do traballo universitario do estudo da nosa literatura?
– HM: Ese é un debate moi vello en Grial. Convertérmonos nesa revista científica acorde con ese modelo baseado nas puntuacións curriculares ou seguir puxando por facermos unha publicación de vocación ensaística, interdisciplinar, que axudase a consolidar un público culto en galego. Recoñezo que non teño claro cal é o sentido da revista hoxe en día. De momento seguiremos coa nosa filosofía tradicional pero si é certo que coido relevante un debate sobre se existe público para un proxecto así ou cómpre reformular o concepto Grial.”
Arquivo da categoría: Día das Letras
Compostela: Concerto das Letras Galegas 2015
Trabadelo (O Bierzo): Día das Letras Galegas no Bierzo 2015
Presentouse Nimbos / Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra de Díaz Castro
Desde a Consellaría de Cultura e Goberno Vasco:
“O martes 16 de decembro, en Donostia, presentouse Nimbos / Argi-koroak, edición bilingüe galego-éuscaro da obra de Xosé María Díaz Castro coeditada pola Xunta de Galicia e o Eusko Jaurlaritza-Goberno Vasco. No acto estiveron presentes Valentín García, acompañado por Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística e José María Díaz Zubizarreta, un dos fillos do autor guitiricense. (…)
O poemario está prologado por Xesús Alonso Montero cun extenso e exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, nunha edición bilingüe na que a versión en éuscaro corre ao cargo do tamén poeta Gerardo Markuleta e o epílogo ao do tamén profesor da Universidade de Deusto Xosé Estévez, quen aborda nel as relacións do autor guitiricense con Euskadi. (…)”
Urretxu, Euskadi: presentación de Nimbos / Argi-koroak, de Xosé María Díaz Castro
Desde o Diario Vasco (agradecemos a Xosé Estévez o envío desta nova, á que tamén pertence a foto, obra de F. Javier Aguado):
“(…) María Teresa Zubizarreta Bengoetxea, natural de Urretxu, fue su esposa [de Xosé María Díaz Castro], y del matrimonio nacieron tres hijos de los que dos viven en Urretxu y ayer [17 de decembro] estuvieron presentes en el acto literario que tuvo lugar en la Casa de Cultura Aizpuru Enea, en el que se presentó el poemario Nimbos en texto bilingüe galego-euskera.
Qué mejor lugar que junto a la parroquia donde contrajo matrimonio, cerca de la figura de Iparragirre y en el pueblo donde se sintió como en su segunda casa, rodeado de familiares y amigos.
En el acto de presentación que contó con el concejal de cultura como anfitrión, Aitor Otegi, tomaron parte el escritor y poeta Luís González Tosar y Xosé Estévez, escritor y amigo de Díaz Castro. (…)
Destacado defensor de la lengua que aprendió de sus padres, entendió a la perfección la otra cultura, la del euskera, cumpliéndose un deseo ferviente como es el de seguir estrechando lazos al verla traducida al euskera. En ello han sido decisivos quienes le conocieron y han contado con el apoyo de Eusko Jaurlaritza y la Xunta de Galicia. (…)”
Salvemos a casa de Díaz Castro
Campaña da A. C. Xermolos en Change.org:
“Este é un chamamento da Asociación Cultural Xermolos ás institucións competentes para iniciar de xeito urxente as obras necesarias que conduzan á conservación e restauración da casa natal do poeta Díaz Castro, que na actualidade se atopa en grave perigo de derrubamento.
Esta vivenda situada na aldea do Vilariño, en Gutiriz, constitúe un notable exemplo de arquitectura labrega, polo cal mistura o valor patrimonial co simbolismo de ser o lugar onde se atopa a xenealoxía emocional de Nimbos.
Colabora coa túa sinatura para que a beleza que feriu ao noso poeta non desapareza para sempre. Porque Díaz Castro merece que non só se conserve a súa poesía senón todas as cousas que amou.
Un paso adiante, e outro máis, Galiza!“
A Coruña: Nimbos. Simposio Díaz Castro
Mondoñedo: presentación da Poesía galega completa, de Xosé María Díaz Castro
Reubicando a Díaz Castro
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Hai tempo que quería escribir sobre Reubicando a Díaz Castro, o valioso documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o poeta de Guitiriz que estrou a TVG o pasado 18 de maio.
Non é mérito menor ter asinado unha proposta como esta nun ano no que, á parte doutras achegas puntuais, foron filmados varios outros documentais sobre o autor tamén moi interesantes. Mais Reubicando a Díaz Castro engade a todos eles unha ben persoal visión do universo diazcastriano, o que logra cunha xenuína mestizaxe de voces e imaxes que nos achega ao mundo do escritor guitiricense como antes non se fixera.
Reubicando a Díaz Castro avanza no visual combinando imaxe en movemento e estática, deixándose levar no fío da narración pola profusión de primeiros planos e planos xerais e o xogo de luces, con paisaxes interiores e exteriores que percorren toda a xeografía matricial de Díaz Castro: a Serra de Montouto, os soutos e carballeiras dos Vilares, os espazos do Vilariño. (…)”
O documental completo pode verse aquí.
Publícase en inglés Nimbos, de Xosé María Díaz Castro
Desde Galaxia:
“Baixo o título de Halos, o poemario de Xosé María Díaz Castro Nimbos acaba de ver a luz en inglés, na colección Galician Classics da editora Small Stations Press. O volume permitirá dar a coñecer no mercado anglosaxón os versos do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2014.
Esta é a quinta publicación desta editorial que xa incorporou ao seu catálogo obras de Rosalía de Castro, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Lois Pereiro. Desta volta incorpórase Nimbos en tradución de John Rutherford. (…)”