Lugo: presentación de A alternativa está aquí, de María Reimóndez

O xoves 22 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase A alternativa está aquí, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Branca Rodríguez Pazos e Manuel Bragado.

A Coruña: presentación de Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito

O sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, no Local Test Pop Up da Rúa Barcelona, 58, na Coruña, preséntase o libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Livraria Suévia, participa, xunto ao autor, Pilar García Negro.

Santiago: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal

O venres 16 de maio, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda de Santiago de Compostela (Rúa Travesa, 7, baixo), preséntase o libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas, nun acto onde estará acompañado por Francisco Macías. Seguidamente, ás 21:00 h., o público asistente poderá acompañar ao autor e proseguir a conversa en Fillos da Malte (Cruceiro de San Pedro, 14).

A Coruña: presentación de Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz

Pontevedra: presentación de Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña

O mércores 14 de maio, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (R/ Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, preséntase Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, publicado en Xerais. No acto, coorganizado co Ateneo de Pontevedra, participan, xunto á autora, Xesús Alonso Montero, Daniel Pino e Manuel Bragado.

A Coruña: Xosé Ramón Freixeiro Mato no programa Recendo, en CUAC FM

O martes 13 de maio, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, estará como convidado Xosé Ramón Freixeiro Mato, que falará sobre o seu libro Estilística da lingua galega, entre outros apartados. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.

Radiocrítica do 28-04-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 28 de abril en Ames Radio (107.2 FM). Desta volta falei con Nazaret López sobre Maternosofía, de Inma López Silva (I, 00:30), sobre O Gabinete das Marabillas de arxentino da Rocha Alemparte, de Irene e Rodrigo Pérez Pintos (I, 8:17 e II); sobre Recuerdos de agosto, de Aurelio Aguirre (II, 2:35)  e mais A cociña de noite, de Maurice Sendak (II, 7:00)”