Xogo Pasapalabra polo Día de Rosalía

Desde a AS-PG, en colaboración coa AELG, ponse a disposición do público o Xogo Pasapalabra polo Día de Rosalía. Podes descargalo aquí.

A Coruña (provincia): charlas A ditadura é un señor con bigote, por Montse Fajardo

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2026

O luns, segunda feira, ás 13:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro, terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, unha ofrenda floral e un recital poético da obra de Rosalía de Castro, con participación do alumnado gañador do Enredando co Galego 2025. O acto conta coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, xunto ao Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña.

Compostela: XXII Xornadas das mulleres Begoña Caamaño, o 28 de febreiro

A Estrada: VIII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas