O
mércores 4 de xuño, ás 17:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da triloxía Ámote Leo A. de Rosa Aneiros, publicado por Xerais. A autora manterá unha conversa coas persoas integrantes do Club de lectura “IES Caldas Letras” do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. Ámote Leo A. Terminal de… chegadas? é o terceiro volume da triloxía Ámote Leo A.
Arquivo da categoría: Literatura e ensino
Entrevista con Teresa Moure arredor de Unha primavera para Aldara, no IES Porto do Son
Entrevista a Ledicia Costas sobre Recinto gris no Clube de Lectura CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco
Entrevista
do blogue do Club de Lectura do CPI ‘Alcalde Xosé Pichel’ de Coristanco a Ledicia Costas:
“(…) – Clube de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel (CLAXP): De onde naceu a idea de traballar a temática que desenvolves en Recinto Gris?
– Ledicia Costas (LC): A idea naceu nunha época na que eu estaba a documentarme para a escrita dun libro de relatos arredor da Segunda Guerra Mundial. Afondei no tema dos totalitarismos e, máis en concreto, do ascenso do nacionalsocialismo en Alemaña e nas súas repercusións. Decateime entón de que nos plans de estudos non se abordaba practicamente este tema. Fun máis alá e percibín que existía un enorme baleiro académico no que se refire aos holocaustos. Entón díxenme: se nos centros de ensino non se estudan os xenocidios, temos un problema. E decidín abordar o tema nunha obra, para que puidese ser tratado nas aulas, aínda que sexa de xeito transversal.
– CLAXP: Entendemos que a protagonista Nube representa o perfil dunha nena autista. É así? Por que esta escolla?
– LC: O que padece Nube exactamente é Síndrome de Asperger. Escollín este trastorno porque na sociedade existen moitas persoas que conviven con este problema, tanto nenos e nenas coma persoas adultas. Quixen poñer de manifesto algunhas das dificultades coas que se atopan os Asperger na súa vida diaria (dificultade á hora de interaccionar socialmente, problemas de comunicación…), así como a súa excelencia intelectual. Quixen desmitificar a imaxe que se ten das persoas que padecen este tipo de trastornos incidindo nas problemáticas do día a día. (…)
– CLAXP: Como te sentiches unha vez rematada a escrita desta novela?
– LC: Sentín que escribira exactamente o que quería: unha distopía que integra elementos do realismo máxico, na que se achega ao lectorado un tema para min imprescindible, como é o holocausto e o funcionamento dos sistemas totalitaristas. E máis aínda, nestes momentos en que a ultradereita ascendeu en Europa de xeito tan preocupante. A única posibilidade de non cometer os mesmos erros no futuro, é coñecer os erros que se cometeron no pasado. Necesitamos rapazas e rapaces con capacidade crítica e con vontade de cambio.”
Escenifican as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE
Desde
Sermos Galiza (a foto é deste medio de comunicación):
“Un anel de chumbo que o profesor poñía no dedo ao neno que collía falando galego. Un anel que este neno tiña que ‘pasar’ a aquel compañeiro ou compañeira de escola que atopase falando galego. E así sucesivamente. O neno que chegase o final do día con ese anel, tiña que pagar un peso de multa. Esta foi unha das historias reais que o premio Nacional de Literatura Xabier P. DoCampo viviu en carne propia e que esta cuarta feira contou durante o acto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
O acto decorreu no Museo Pedagóxico de Galiza e tiña unha intencionalidade clara: escenificar as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE, ‘actualizándoa’ para o século XXI.
Xabier DoCampo resaltou o doado que é comparar a LOMCE co ensino no franquismo. “Era unha escola que se centraba na Relixión, que era o elemento central arredor do cal xiraban todos os saberes”, explicou. Coa LOMCE refórzase a confesionalidade e chegamos ao absurdo -engadiu- de que haxa compañeiros que sexan sancionados por negarse a partipar en actividades relixiosas.
“Chegabamos todos falando galego mais a única lingua que existía, desde que entrabamos pola porta, era o castelán”; e a segregación “brutal” que sufría o alumnado foi outra das experiencias narradas polo mestre e escritor. O clasismo, a xerarquización, o autoritarismo e a masificación das aulas foron outros aspectos que repasou o escritor durante a súa intervención nunha das aulas do Mupega. (…)”
Carballo: X Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua, do 9 ao 11 de xullo
– O número de participantes está limitado a 70 persoas, por orde de inscrición.
– O prazo de matrícula remata o día 4 de xullo.
– A matrícula debe facerse a través da Oficina de Cursos da UdC.
Entrevista a Carlos Negro arredor do seu libro Makinaria
Entrevista a Ledicia Costas arredor de O corazón de Xúpiter
Unha aula do IES Castro de Baroncelli de Verín leva o nome de Elena Gallego
Desde
Xerais:
“O luns 19 de maio, no IES Castro de Baroncelli de Verín, dentro dos actos organizados con motivo da celebración do Día das Letras Galegas de 2014, inaugurouse a aula dedicada a Elena Gallego, que mantivo mantivo unha conversa con alumnos e alumnas do centro e asinou exemplares das súas obras Dragal e Sete Caveiras.”
Ourense: encontros de María Canosa con alumnado do Colexio Concepción Arenal
O
luns 19 de maio, ás 12:00 horas, no Colexio Concepción Arenal de Ourense (Rúa Juan Manuel Bedoya, 22), María Canosa manterá un encontro con alumnos de Educación Primaria arredor do seu libro Matías, un pito de campionato, publicado en Galaxia.
No mesmo espazo, ás 16:00 horas, manterá outro encontro con alumnado de 3º e 4º de ESO, arredor do libro Faíscas, tamén publicado por Galaxia.




