O
28 de setembro, ás 12.30 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, 9), terá lugar a entrega do diploma ad honorem a Pilar García Negro, no marco da XVII Asemblea da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Arquivo da categoría: Homenaxes
Pontevedra: Unha Lingua de Premio
Vigo: “Os mundos de Ferrín”, do 20 de setembro ao 18 de outubro
A Coruña: Manuel María, Lúas de outono 2018
Pedregal de Irimia (Meira): VI Festa da Afirmación e Dignidade, o 22 de setembro
Outeiro de Rei: Memoria da Chaira Enteira 2018, o 8 de setembro
Compostela: homenaxe a Moncho Valcarce
A Nosa Señora das Letras da man da Tecelá en Outono, por Marga do Val
Artigo
de Marga do Val na Sega:
“A Nosa Señora das Letras 2018, Marica Campo, sabe da Tecelá en Outono, con ela mantén un diálogo desde que o mundo é mundo, xa que as conversas sorpéndennos no camiño, veñen penduradas do vento, para que as avivemos como lume novo, isto é o que leva facendo sempre Marica Campo. Tiña casa propia, marchou fóra e viviu algún tempo en casa alugada, retornou, dona das chaves do tempo, e habitou os cuartos para non volver marchar. No seu cuarto propio hai paxaros que saben que son merlos, paporroibos ou poupas; hai gaiolas ceibes dun destino triste; hai flores que saben quen son, como a camelia veciña que lle vai mostrando como muda o clima; sabe das plantas ventureiras dos camiños e dos froitos, de amoras e de arandos, da herba abelleira e do fiuncho; sabe das árbores da terra, de vedraios castiñeiros, e das que viñeron para ficar como a catalpa. Gustaríame un día ir apañar con Marica Campo as herbas de San Xoán, volver camiñar na súa compaña o seu Val do Mao e determe en cada terrón de terra, en cada bechiño, en cada planta, determe en cada unha das palabras que existen para cada cousa, determe en cada cousa e nos seus nomes, fuxindo con Marica dos xenéricos. A Nosa Señora das Letras, é a Nosa Señora das palabras, que viven e alentan nos xardíns dos seus escritos, que brincan nos seus versos ou agardan silenciosas nas gabetas dos relatos para o futuro. A casa de Marica Campo é a lingua, que alimenta cada día, é a lingua coa que intenta comprender o mundo, explicalo; coa que intenta comprenderse e explicarse, e de todo isto sabe a Tecelá en Outono. Marica Campo tamén é a que procura que a súa casa, a nosa casa teña espazo, presenza, porque a casa de Marica Campo é a nosa casa, por iso estamos aquí, segadoras ou non, convidadas para termar da casa grande, desde o cuarto de Marica. (…)”
Crónica videográfica de O Escritor na súa Terra – Letra E, Nacho Taibo (III)
A
Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que foi homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor (neste caso un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse a terceira parte da crónica videográfica completa:
– Laudatio, por Inma Otero Varela:
Crónica videográfica de O Escritor na súa Terra – Letra E, Nacho Taibo (II)
A
Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que foi homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor (neste caso un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse a segunda parte da crónica videográfica completa:
– Intervención de Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros:
– Lectura da acta de concesión da Letra E por parte de Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG:
– Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:






