O
14 de maio, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), Felipe Senén falará sobre “Antón Fraguas e Etnografía galega”, nunha actividade organizada pola A. C. O Facho. O mesmo día ás 12:30 horas, no monumento a Curros Enríquez (Xardíns de Méndez Núñez), esta entidade fará unha ofrenda floral en lembranza do autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Arquivo da categoría: Homenaxes
LIX Rianxo. Semana do Libro Infantil e Xuvenil 2019
Compostela: Lecturas en homenaxe a Xabier P. DoCampo, o 4 de xuño
“Neste
próximo mes de xuño de 2019 cúmprese un ano da morte do escritor Xabier P. DoCampo.
A A.C. O Galo convídate a participar na homenaxe que se vai celebrar a partir das 17:00 horas do martes 4 de xuño de 2019 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
O Acto consistirá na lectura de textos de Xabier P. DoCampo. Os e as participantes porémoslle voz á súa palabra, evitando calquera tipo de discurso. Ás 19:00 horas haberá unha pequena charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
A participación da A. C. O Galo, o mesmo que a doutras organizacións participantes, consiste na presenza de asociados e amigos que poidan ler un texto.
Por tanto, precisamos persoas interesadas en participar nesta homenaxe a Xabier P. DoCampo lendo un pequeno texto, para o que debedes anotarvos canto antes, e con data límite o 25 de maio, neste correo electrónico comunicacion@ogalo.gal
Agradecemos que nos indiquedes un tramo de media hora entre as 17:00 e as 19:00 para adxudicar a orde das leituras.”









