Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Antonio García Teijeiro: “Este libro é unha viaxe cara Rosalía e con Rosalía, e todo aquilo que un sente cando viaxa polos camiños do sentimento”
Desde Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista con Antonio García Teijeiro sobre o libro: Paseniño, paseniño, ilustrado por Marcos Viso.
A entrevista pode verse nesta ligazón.”
Outeiro de Rei: presentación de Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017), de Xoán Neira
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, con Esther F. Carrodeguas: “Cambiar coas palabras”, o 30 de outubro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade é unha actividade onde a AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ledicia Costas, Yolanda Castaño, Carlos Negro, María Lado e Esther Carrodeguas ofrecen os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, reflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
A entrada libre, con inscrición gratuíta en imocino@gmail.com se se quere acceder ao recoñecemento de 15 horas para créditos de libre elección.
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras
Vigo: presentación de A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro
Ledicia Costas: “Este é un libro do que pode gozar calquera tipo de público”
Desde Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre o libro: A balada dos unicornios, ilustrado por Mónica Armiño e gañador do Premio Lazarillo 2017. O libro foi publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 17´.”