Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
San Sadurniño: presentación de Iridium, de Francisco Castro
Ourense: presentación de O segredo das Burgas, de Andrés Pombo Graña
Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2018
Desde Fervenzas Literarias:
“Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2018.
Queremos agradecervos a todas e a todos as doce edicións nas que levades escollendo, a través dos vosos votos, os mellores libros do ano.
Desde Fervenzas Literarias queremos recoñecer a vosa participación e o voso interese en colaborar para formar estes listados de libros. Moitísimas grazas, xa que sen ese tempo que dedicades en votar sería totalmente imposible este traballo.
E agora os resultados… Os nosos parabéns aos premiados e premiadas!!!
– Mellor libro de narrativa para Besta do seu sangue, de Emma Pedreira.
– Mellor libro de poesía para Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao.
– Mellor libro de ensaio/investigación para Vivir a galope, de María Xosé Queizán.
– Mellor libro de teatro para Eroski Paraíso, de Chévere.
– Mellor álbum de banda deseñada para O puño e a letra, de Yolanda Castaño.
– Mellor libro traducido para público adulto para A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, traducido por María Reimóndez.
– Mellor libro de literatura xuvenil para A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.
– Mellor libro de literatura infantil para Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa.
– Mellor libro traducido de literatura infantil e xuvenil para Pippi Mediaslongas embarca, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez.
– Autor do ano para Emma Pedreira.
– Ilustrador do ano para Víctor Rivas.
– Mellor capa de libro para adultos para Besta do seu sangue, de Emma Pedreira.
– Mellor capa de libro de literatura infantil e xuvenil para A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, feita por Andrés Meixide.
– Mellor editorial do ano para Xerais.
– Mellor crítico/a literario/a para Armando Requeixo.
– O mellor acontecido para Culturgal 2018.
– O peor acontecido para o falecemento de Xabier P. DoCampo.
– Mellor Libraría para Cartabón.
– Mellor medio de comunicación para Sermos Galiza.
– Mellor blog/web literaria para A Sega.”
Pontevedra: presentación de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga
Silleda: presentación de Un mundo quentiño, de Mónica Varela
Marín: presentación de Iridium, de Francisco Castro
Tabela dos libros. Xaneiro de 2019
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a primeira Tabela dos libros do 2019, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. ¡Boas lecturas e feliz ano!”
Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de cada crític@ aplicando o seguinte baremo: 1º posto = 5 puntos, 2º posto = 4 puntos, 3º posto = 3 puntos, e así sucesivamente.
Vigo: Ledicia Costas e Emma Pedreira na Libraría Cartabón
O
4
de xaneiro, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125), en Vigo, terá lugar un serán literario cos seguintes actos:
Ás 17:30 horas Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras.
Ás 20:30 horas terá lugar a presentación de Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.
Os libros de Ledicia Costas chegan ao búlgaro
Desde
Sermos Galiza:
“Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte. O seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais), dá agora proba da súa potencia: acaba de publicarse en búlgaro.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta está construída a partir das relacións entre o célebre autor francés e a cidade de Vigo -onde naceu, en 1979, a propia Costas. Dirixido a unha audiencia xuvenil, conta con versións en castelán, catalán e italiano, amais da galega orixinal e a recentísima en búlgaro.
Mais as viaxes das obras de Costas a outras linguas non paran en Europa. Escarlatina, se cadra o seu personaxe máis coñecido, ten -dende hai uns meses- versión coreana, da man da editorial Pink Whale. E tamén está anunciada a súa aparición en búlgaro.
Traducida a numerosos idiomas, a literatura de Ledicia Costas é unha premiada escritora. En 2017 gañaba por segunda vez o prestixioso Premio Lazarillo, convocado para todas as linguas do Estado, con A balada dos unicornios, despois publicada en Xerais e, até o intre, o seu último libro.”





