Arquivo da categoría: Lectura
A Coruña: encontro con Emma Pedreira no Club de lectura Nébeda
Ribadavia: actividades do Día da Biblioteca no Museo Etnolóxico
Compostela: Palabra de Muller, por Lisístrata
(Máis información aquí)
Barcelona: presentación e coloquio con Eduard Velasco sobre Os días felices de Benvido Seixas
A escritora Ledicia Costas estará na primeira sesión do club Sete Vidas da tempada para falar da súa novela Infamia
Desde Espazo Lectura:
“O 3 de outubro volve o club de lectura de narrativa Sete Vidas tras o descanso estival. Reunirémonos ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para falar da novela Infamia, de Ledicia Costas (Editorial Xerais).
Infamia é un thriller psicolóxico protagonizado por Emma Cruz, unha profesora de Dereito Penal que se traslada a Merlo, un lugar marcado pola desparición de dúas nenas hai 25 anos. Contaremos coa presenza da autora.”
Parada (O Courel): V Festival dos Eidos
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 9 de agosto
O 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 13:00 h. Espazo Micro Aberto para lecturas e declamacións pola Deputación da Coruña.
– 18:00 h. Xosé María Álvarez Cáccamo asina Berta, publicado por Chan da Pólvora, na caseta da Libraría Lume.
– 18:00 h. Presentación de O galego mola. Palabras da miña vida, de Isabel Villanueva, do canal Isashopaholic, publicado por Hércules de Edicións.
– 18:00 h. Mónica Penas Vázquez asina Ovo de paspallás, na caseta da Libraría Nobel da Coruña.
– 18:30 h. J. M. Marcote, M. Pose e J. M. Traba asinan Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular, na caseta do Consorcio.
– 19:00 h. Recital e presentación de O mundo dos vivos, de Samuel Solleiro, publicado por Chan da Pólvora, acompañado do editor Antón Lopo.
– 19:00 h. Tomás Guerrero asina Tanta paz leves, publicado por Demo, na caseta da Libraría Kómic.
– 19:30 h. Pablo Otero asina Parece unha formiga, publicado por Kalandraka, na caseta de Moito Conto.
– 19:30 h. Xoán Babarro asina O baúl de Domingos Quintas, na caseta de Hércules de Edicións.
– 19:30 h. Xosé Tomás asina Manual de escola 2.BD, na caseta do Consorcio.
– 19:30 h. Ana María Fernández asina Ring… ring! Quen rima?, na caseta de Hércules de Edicións.
– 19:30 h. Lucía Belarte e David Lorenzo asinan O neno peixe, na caseta da Libraría Lume.
– 19:45 h. Presentación de Lúa en Ningures, de Beatriz Maceda, publicado por Xerais. Participan Eli Ríos, Antonio Manuel Fraga e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.
– 19:45 h. Presentación de Resistencia da auga, de Xabier Cordal, publicado por Chan da Pólvora, acompañado do editor Antón Lopo.
– 20:30 h. Presentación de O lugar que non hai, de Estevo Creus, publicado por Chan da Pólvora, acompañado do editor Antón Lopo.
– 20:30 h. Alfonso Blanco Quintela asina A Guerra da Galia, de Gaio Xulio César, publicado por Laiovento, na caseta do Consorcio.
Pico Sacro: Alba de Gloria 2019, o 20 de xullo, ás 12 h.
A Federación Galiza Cultura realiza este acto desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de Castelao, quen acudiu até o Pico Sacro no 1924 e, xa refuxiado en Arxentina, simbolicamente volveu a el cando escribiu en Bos Aires Alba de Gloria.
En 2019, e como sempre o sábado antes do Día da Patria Galega, subiremos ao Pico Sacro o 20 de xullo, ás 12:00 horas, para ler no seu cumio o discurso Alba de Gloria.
PROGRAMA
– 12:00 h. Concentración onde estaba a fonte do Pico Sacro. Recitado de poemas por parte do taller de declamación da AVC. Agra do Orzán da Coruña.
– 12:20 h. A escritora Marta Dacosta daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro desde a capela.
– 13:00 h. Izado da bandeira e lectura de Alba de Gloria. Baixada con parada nas covas da raíña Lupa, para visitalas baixo a guía da poeta Iolanda Aldrei.
Xantar e roteiro pola Ulla
A asociación cultural “O Galo” ej a A. C. Vagalumes organiza un roteiro pola Ulla. Para máis información: Xantar e roteiro.
Tarde: Xantar e roteiro pola Ulla
– 14:15 h. Xantar no restaurante “O Peixeiro”, situado en San Miguel de Castro. Na sobremesa actuará o grupo Maraxe.
– 16:30 h. Saída do restaurante e comezo do roteiro.
– 17:00 h. Visita guiada por Iolanda Aldrei ao pequeno mosteiro medieval de Camanzo, que, ademais, conserva no seu interior algunhas pinturas do s. XVI.
– 18:15 h. Visita guiada ao poboado mineiro de Fontao. As explicacións correrán a cargo do director do museo da minería do wolframio alí instalado, museo que tamén será visitado ao igual que o cine e a igrexa do poboado.
Gondomar: diversas actividades para diferentes idades pechan a tempada de Espazo Lectura
Ao longo desta semana Espazo Lectura ofrecerá cinco actividades diferentes, destinadas a todo tipo de público, que porán o peche á programación arredor do libro e a lectura que a asociación desenvolveu ao longo da tempada 2018-2019.
Martes 4 de xuño, ás 20:00 horas, club de lectura Daquelas que Len.
Na Casa da Lectura celebrarase a última sesión do curso do club de lecturas feministas que botou a andar esta tempada. As lecturas propostas para esta última sesión son os álbums Pioneiras e Pioneiras 2, de Anaír Rodríguez, publicados por Xerais. Contaremos coa presenza da autora.
Mércores 5 de xuño, ás 18:00 horas, concerto Paco Nogueiras na Casa da Lectura
As sesións de dinamización lectora dos Mércores da Casa da Lectura, coma a propia Casa da Lectura, cumpriron 10 anos e Espazo Lectura celébrao pechando a tempada cun concerto infantil de Paco Nogueiras, que presentará o seu disco Bule Bule.
Xoves 6 de xuño ás 20:00 horas, na Casa da Lectura, club Sete Vidas
A sesión de xuño do club de lectura Sete Vidas estará dedicada ao comentario da novela As Ramonas, de Ana Cabaleiro, publicada por Galaxia. Durante a sesión, as persoa que se acheguen á actividade poderán conversar coa propia autora sobre a súa obra.