“Neste
próximo mes de xuño de 2019 cúmprese un ano da morte do escritor Xabier P. DoCampo.
A A.C. O Galo convídate a participar na homenaxe que se vai celebrar a partir das 17:00 horas do martes 4 de xuño de 2019 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
O Acto consistirá na lectura de textos de Xabier P. DoCampo. Os e as participantes porémoslle voz á súa palabra, evitando calquera tipo de discurso. Ás 19:00 horas haberá unha pequena charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
A participación da A. C. O Galo, o mesmo que a doutras organizacións participantes, consiste na presenza de asociados e amigos que poidan ler un texto.
Por tanto, precisamos persoas interesadas en participar nesta homenaxe a Xabier P. DoCampo lendo un pequeno texto, para o que debedes anotarvos canto antes, e con data límite o 25 de maio, neste correo electrónico comunicacion@ogalo.gal
Agradecemos que nos indiquedes un tramo de media hora entre as 17:00 e as 19:00 para adxudicar a orde das leituras.”
Arquivo da categoría: Lectura
Compostela: Club de lectura feminista A Lila + A Sega: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias
Eva Mejuto recupera heroínas do silencio
Desde
Radiofusión:
“Lola, Amparo e Xulia eran tres mulleres, sen formación, que vivian en Ribadavia e de maneira silenciosa e altruista, sen ter unha adscripción política, forman parte dunha rede “que salva a persoas coas que non tiñan nada en común”. Teñen moito mérito e non quixeron nunca colgarse medallas, apunta a escritora. “Para os seus netos foi unha sorpresa, non deixaron rexistros escritos pero tiñan unha rede articulada con dous taxistas e un toneleiro que falaba inglés e axudaron a moitos xudeos a escapar da persecución nazi”. Memoria do silencio está publicada por Xerais na colección Fóra de xogo. Pode escoitarse aquí.”








