
Arquivo da categoría: Música
Meira: XI Roteiro Avelino Díaz
Sanxenxo: presentación de Sanxenxo na historia. Volume 8
O Valadouro: acto de gratitude a Manuel Lourenzo
Pontedeume: actividades do 22 e 23 de agosto na Vila do Libro 2025
“Se vas morrer na guerra leva un libro”, poema de Pura Tejelo, con música e interpretación de Manuel R. Crespo
Os Verxeis (Teo): entrega do Caxato de Avelino a Pilar García Negro, o 20 de agosto
Foz: actividades do 16 de agosto na Feira do Libro 2025
A Pastoriza: Homenaxe a Dino Pacio
Antonio Tizón: “Isto supón o final dunha etapa da miña vida literaria”
Entrevista a Antonio Tizón en La Opinión:
“(…) Unha historia que conta a realidade de moitas avoas, nais e madriñas de Galicia que non tiveron unha educación, pero que cantaron e transmitiron a cultura popular cos seus cantos. Esta historia está presente no libro Coplas analfabetas, do escritor Antonio Tizón, nado en Aranga e afincado na Coruña e que leva traballando neste proxecto arredor de nove anos.
Durante este proceso tivo que buscar quen lle fixese a adaptación musical das coplas que compila no libro, e atopar a voz da avoa, figura principal do relato, inspirado na madriña do autor, María Domingo Cordeiro, unha muller analfabeta pero cun gran repertorio de cantigas populares. «Pasei moito tempo falando con distintas mulleres ás que lles interesase o proxecto, pero ían caendo polo camiño. Ao final tiña á mellor actriz diante dos fuciños, a miña amiga Eugenia Sanmartín, que fixo todo o arranxo musical, e á parte tamén é actriz e cantante», explica Tizón.
Coplas analfabetas conta con 55 poemas encadeados. «A partir deles, seleccionamos catorce coplas para adaptar musicalmente. Das catorce, dez adaptounas Eugenia Sanmartín, tres fíxoas Barahunda e unha, Carmen Penim. E logo tamén participou Davide Salvado como a voz do neto», indica. (…)”








