O sábado 23 de abril, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), preséntase Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, María Xesús Fernández e Manuel Bragado. Ao remate, o propio autor lerá un fragmento da novela acompañado do DJ Michał Kamac.
DesdeSermos Galiza:
“Gelria (que tira o seu nome do barco holandés no que embarcou Manuel Antonio) lanzará á venda o próximo 23 de abril o seu primeiro traballo discográfico. Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorrerá a historia da poesía galega contemporánea, desde o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que lles poñerán música. A banda -creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)- estréase así cun proxecto que se presenta en formato de libro-disco acompañado de fotografías e ilustracións e no que, ademais, se incluirán as letras dos diferentes temas en galego, portugués, castelán e inglés. Cantos de poeta recolle un total de catorce poemas cuxa selección busca trazar un itinerario musical das diferentes etapas da poesía galega contemporánea, ademais de achegar unha radiografía -a través da música e dos versos- do imaxinario colectivo galego. É un disco ecléctico que posúe resonancias de diferentes estilos e xéneros -desde a música tradicional á contemporánea, pasando polo jazz- que propón un percorrido polas diferentes etapas da nosa historia poética. (…)”
O luns 18 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Isaac Xubín e a poeta irlandesa Lorna Saughnessy. As célticas notas do ‘whistle’ ou flauta irlandesa acompañarán os poemas de Isaac Xubín, hoxe residente no Reino Unido, mentres que os ingleses de Saughnessy irán seguidos de traducións ao galego lidas pola condutora do acto, Yolanda Castaño. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2016.
Do 13 ao 16 de abril terá lugar en Ferrol a IX Semana da Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Venres 15:
– 12:30 h. No Mercado de Recimil, poemas de Lucía Aldao e María Lado. A continuación Silvia Penas e Dores Tembrás.
– 17:00 h. Na Lancha da Ría, recitarán Dores Tembrás e Silvia Penas, coa música de Miguel Neira.
– 22:30 h. No Manchita Cosa, entre outr@s, Serxio García e Leo Arremecághona, Dores Tembrás e Silvia Penas.
Sábado 16
– 13:00 h. Sesión Vermouth no Bar Cazadores, Manuel Rivas, precedido por Manolo Bacalhao e Cabe García.
O domingo 10 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para esa fin de semana:
Sábado 9
– 19:00 h. Jorge Rodrigues asinará exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:30 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 20:00 h. Buenaventura Aparicio Casado presenta o seu libro A pedra do cervo, publicado por Edicións do Cumio.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia. Entendemos que está de acordo con isto, mais pode desactivalas se o desexa. Configuración de CookiesAceptar
Política de privacidade e cookies
Política de privacidade
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas cookies, as clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador, por seren esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de desactivalas, mais isto podería repercutir na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.