Arquivo da categoría: Música
Taboleiro do libro galego XXXV (xuño 2015), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Última entrega do “Taboleiro do libro galego”, correspondente ao mes de xuño 2015, que contou coa colaboración de dez librarías galegas: Libros para Soñar de Vigo, O Pontillón de Moaña, Andel de Vigo, Miranda de Bueu, Aira das Letras de Allariz, Lila de Lilith de Compostela, Biblos de Betanzos, Librouro de Vigo, Suévia da Coruña e mais Cartabón de Vigo. Grazas a todas elas e esta sección despídese até despois do verán..
NARRATIVA
1º-. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Xerais.
2º-. Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, Xerais.
3º-. A música dos seres vivos, de María Reimóndez, Xerais.
4º-. Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, Xerais.
5º-. Funambulistas, de Mercedes Leobalde, Xerais.
6º-. O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González, Barbantesa.
7º-. Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala, Galaxia.
8º-. O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, Galaxia.
POESÍA
1º-. oso, mamá, si?, de María Lado, Xerais.
2º-. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
3º-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
4º-. Bazar de traidores, de Elías Portela, PEN Club.
5º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
6º-. Palavras a Espártaco, de Vítor Vaqueiro, Através.
ENSAIO-TEATRO
1º-. O Piloto. O último guerrilleiro, de Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
2º-. Historia de Galicia, de David Pérez, Edicións do Cumio.
3º-. Nacionalismo galego aquén e alén mar, de Uxío-Breogán Diéguez, Laiovento.
4º-. No tempo de Follas Novas, de Pilar García Negro (ed.), Alvarellos Editora.
5º-. Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero, Xerais.
XUVENIL
1º-. A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
2º-. Dragal IV, de Elena Gallego, Xerais.
3º-. Como unha áncora, de Iria Collazo, Galaxia.
4º-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
5º-. O solpor dos deuses. As crónicas de Bran 3, de Xosé Duncan, Contos Estraños.
6º-. Non hai luz sen escuridade, de Andrea Barreira, Urco.
7º-. As palabras poden matar, de Marcos Calveiro, Xerais.
INFANTIL
1º-. O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
2º-. Os libros da merenda, VV. AA., Urco Editora.
3º-. Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas – Víctor Ribas, Xerais.
4º-. Amizades secretas, de Agustín Fernández Paz, Edebé.
5º-. Gatiño e as vacacións, Joel Franz Rosell e Constanze v. Kitzing, Kalandraka.
6º-. A historia de Parche, Concheiro, Os Biosbardos.
LIBROS CD-DVD
1º-. Alegría!, Sérgio Tannus – Luís Barbolla (ilustracións), Galaxia.
2º-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
3º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras e David Pintor, Kalandraka.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.
5º-. Té, chocolate, café, Golfiños, Gestión Cultural.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero V, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Outeiro de Rei: 2º Convívio da Cultura Galega, o sábado 11 de xullo
Ponse en marcha, por segundo ano consecutivo, o Convivio da Cultura Galega, coa colaboración da Federación Galiza Cultura e da Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, o Convivio da Cultura Galega: será o sábado 11 de xullo, desde as 11:15 horas, durante todo o día, na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei. ao que por suposto tod@s estades convidad@s a acudir e de nos acompañar.
Será nun espazo tan fermoso e máxico como a Carballeira da Santa Isabel, onde o Ladra vai ao encontro do Miño, “o Pai de todos os ríos galegos”; o mesmo que naquel verán de 1949 lle serviu de marco de inspiración ao Manuel María para compoñer o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, cando contaba só 19 anos, mentres coidaba das vacas da facenda familiar.
O programa será, con algunha posíbel variación de última hora, o seguinte:
– 11:15 h.– As bandas de música da A.C. Solfa (Compostela), Rábade e Begonte, e a Xuvenil da Escola de Música de Rianxo recíbennos na horta da Casa-Museo Manuel María.
– 11:45 h.– Saída a pé para a Carballeira da Santa Isabel, facendo paraxe no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María na campa onde repousan os seus restos.
– 12:15 h.– Xa na Carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, dirixida por Rafael Collazo; e a Coral e Banda de Música de Solfa, dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey.
– 14:00 h.– Xantar demorado. Cada quen trae a súa comida. O espazo da Carballeira conta con algunhas mesas. A organización pon as cadeiras.
– 16:30 h.– Encontro aberto do asociacionismo cultural de base da Galiza: as directivas das entidades presentes (e quen quixer) reuniranse para articular posíbeis actuacións comúns para o vindeiro ano e para seguir creando rede de colaboración, diálogo e intercambio de experiencias entre elas. Este encontro está absolutamente aberto a todas as entidades de base do país que fan cultura en chave galega.
– 17:00 h.– Foliada aberta á participación de quen quixer cantar, tocar, bailar…no espazo da Carballeira. Anima a festa Xurxo Souto. Os grupos interesados en apuntarvos previamente ou en terdes máis información podédesnos contactar no teléfono 698 177 621 ou nos correos fundacion@manuelmaria.com/ conviviodaculturagalega@gmail.com
Durante toda a tarde, as persoas que o desexaren poderán visitar a Casa-Museo Manuel María (con visita guiada).
Desde algunhas comarcas está xa confirmado que haberá autobuses gratuítos para facilitar o desprazamento a Outeiro de Rei ese día. Podédesvos ir anotando xa!
A Coruña: saída da Praza da Palloza ás 10 da mañá. Contacto: 698 177 621 (fundacion@manuelmaria.com).
Ferrol: Luísa (Medúlio): 646 571 168 (vaiporelas@gmail.com).
Compostela: Lucía (Solfa): 676 675 030
Compostela: presentación de Manual de saudades, de Xavier Frías Conde
Ordes: Festa da República Galega 2015
Ferrol: Festa de cultura popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán
Moaña: presentación do disco Aprendendo a ladrar, de Xardín Desordenado
A Coruña: Poemas sen (ser)tido, de Carlos da Aira
O venres 19 de xuño, ás 22:00 horas, na Repichoca (Rúa Orillamar, 13) da Coruña, terá lugar un recital poético a cargo de Carlos da Aira, baixo o nome Poemas sen (ser)tido, coa colaboración de Pandereteiras sen Fronteiros, Silvia Penide, Mila da Aira, Comando Esbardalle, Eloy e Zapa, e fotografías e ilustracións de Diana Fajardo, Javier Calleja e David Silva.
Chantada: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O sábado 13 de xuño, ás 19:00 horas, en Ubuntu Refugallos (Rúa Uxío Novoneyra, 16, baixo) de Chantada, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.