Arquivo da categoría: Música
A Coruña: presentación de De Vida ou Morte, de Maria José Castelo
A
sexta feira 25 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto-A Torre-Atochas (Campo de Marte, s/n) da Coruña, preséntase o libro de poemas De Vida ou Morte, de Maria José Castelo Lestom, publicado por Editora Humana. No acto, xunto á autora, participan musicalmente César Morán e Sapoconcho.
A Coruña: recital poético-musical A voz da mirada
Mañufe, Gondomar: Lecturas na Tapería, organizadas por Espazo Lectura
A Coruña: espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao
O
martes 22 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, María Lado e Lucía Aldao, protagonizan un espectáculo con poesía e música.
Compostela: nova sesión dos Picaversos, co título Convocamos a perda (II)
O
martes 22 de abril, a partir das 21:00 horas, na galería da Casa de Europa de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Convocamos a perda (II), coa participación de Berta Dávila, Elvira Riveiro e Le Roi e Martin Wu, músicos de Grampoder.
Esa lus, canción para Xosé María Díaz Castro, desde o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Carballo: recital con poesía e música, presentado por Óscar de Souto
O
venres 11 de abril, ás 22:00 horas, na Sala Dublín de Carballo (Rúa Fomento, 25), Óscar de Souto presenta un acto onde Manuel de Corme e Concha Matos recitarán poemas das súas obras, e posteriormente a actuación poético-musical do grupo Versus (con Miguel Queipo e Antón Borrazás).
Taboleiro do libro galego (XXI), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Transcorrido o mes de marzo ofrécese aquí a terceira entrega do 2014 do Taboleiro do libro galego que recolle, segundo os datos obtidos dalgunhas librarías galegas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes de marzo. O meu agradecemento, nesta ocasión, ás seguintes librarías: Biblos, Librouro, Casa do Libro de Vigo, Torga, Couceiro, Andel, Aira das Letras, Paz, Trama, Cartabón, Á lus do candil, Carricanta, Suévia, Libros para Soñar, sumándose por vez primeira outra nova libraría como é Abrente, de Bueu.
NARRATIVA
1º-. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
2º-. Sete Caveiras, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
3º-. O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, Editorial Galaxia.
4º-. O sexo masculino dos anxos, de Manuel Janeiro, Editorial Galaxia.
5º-. Maternosofia, de Inma López Silva, Editorial Galaxia.
POESÍA
1º-. Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, Edicións Xerais.
2º-. Moda galega reloaded, de María Reimóndez, Positivas.
3º-. Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, Galaxia.
4º-. Argola, de Marta Dacosta, O Figurante Edicións.
5º-. Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes, Ed. Alvarellos.
ENSAIO-TEATRO
1º-. A alternativa está aquí, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela, Editorial Galaxia.
3º-. Cantares gallegos, hoxe, de María Pilar García Negro, Alvarellos.
4º-. Vida e obra de Xosé María Díaz Castro, de Armando Requeixo, Galaxia.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Ámote, Leo A. Estación de tránsito, de Rosa Aneiros, Edicións Xerais.
2º-. A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Edicións Xerais.
3º-. O raposo e a mestra, de Manuel Rivas, Xerais (ilustracións de Jacobo Fernández).
4º-. Bágoa de Lúa, de Sabela González, Editorial Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Pan de millo, de Migallas, Kalandraka.
2º-. Toc Toc, de Pablo Díaz, ilustracións de Nuria Díaz, Galaxia.
3º-. Na cociña de noite, de Maurice Sendak (tradución de X. M. González), Kalandraka.
4º-. A Burra Ramona, de Paula Carballeira, ilustracións de Xosé Tomás, Baía Edicións.
5º-. Maruxa, de Eva Mejuto & Mafalda Milhões, Oqo.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Davila, Edición do autor.
2º-. Astérix e os Pictos, René Goscinny (autor), Albert Uderzo (ilustrador), Jean-Yves Ferri (autor), Didier Conrad (ilustrador), Xavier Senín e Isabel Soto López (tradutores), Edicións Xerais.
3º-. O Dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba, de David Aceituno e debuxos de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
4º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
OUTROS
1º-. Revista Luzes, nº 4.”
A “pulsión” de Xela Arias e Luísa Villalta ao vivo
Desde
Sermos Galiza:
““Pulsión”, foi o termo escollido pola escritora Ana Romaní, unha das coordinadoras do encontro Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século, para definir o ánimo que se viviu durante toda a xornada no CCG. “Demostra que a cultura galega é un río, non unha lagoa”, concluíu o profesor Arturo Casas despois de que a escritora Iolanda Zúñiga canda o grupo musical Dous puxeran o ramo ás conferencias e mesas redondas cun espectáculo sobre Intempériome, de Xela Arias, que a propia autora estaba a preparar antes da súa morte. Con Fernando Abreu, membro do grupo musical, Xela Arias ideaba no fin da súa vida, levar os seus poemas ao escenario e só onte a súa voz se volveu escoitar nunha gravación que se combinaba coa de Zúñiga no remate da xornada.
Durante a tarde, en dúas mesas redondas, novas creadoras e creadores deron conta da vitalidade da memoria de Luísa Villalta e Xela Arias, das súas arriscadas apostas poéticas, da modernidade das súas propostas e da pegada que deixan en autores e autoras cos que compartiron espazos literarios. Sigue lendo


